TROFEO MURILLO VITERI. NUMANCIA - BARALLOBRE
ÚLTIMO TROFEO DA TEMPORADA
Carlos Arnoso, cunha excelente actuación ante o Barallobre, lidera a clasificación deste último mes de competición liguera.
Ares, 6 de abril de 2011
As boas intervencións do cancerbeiro aresán permitiron unha vitoria local e suman outros tres puntos nesta recta final da temporada. En xeral, podemos felicitar ao grupo de xogadores que saltaron ao céspede de Prados Vellos pois desenvolveron un máis que aceptable traballo durante os noventa minutos.
Estas foron as valoracións dos siareiros:
CARLOS 4
JORGE 3,25
MARTIN 3,25
ZETA 3,25
MANU 3,25
COSTA 2,75
JAVI 2,75
RUBEN 2,75
PEDRO MACHADO 2,5
ALEX 2,5
BULE 2,5
TETI 2,25
JAUMA 2,25
QUIQUE 2,25