3ª XORNADA TORNEO FÚTBOL PRAIA ARES

CHEGA A EMOCIÓN
En alevíns, Muebles Narón clasifícase como segundo do grupo e Barallobre consegue o liderato. En infantís, vitoria do Vídeo Club Ares fronte á Cantina de Cervás.

Ares, 21 de xullo de 2010

Segunda xornada na categoría alevín, na que se disputaron os seguintes encontros:

18:30

FURIA AZUL: Samuel, Ramón, Borja, Alberto, Raúl, Agustín, Abraham e Luís

MUEBLES NARÓN: Alfredo, Nico, Jose, Antón, Sergio, Miguel e Alfredo.

Venceu por 4-10 o Muebles Narón clasificándose como segundo de grupo para as semifinais.. Bo papel do Furia azul pois, pese a quedar eliminado. deron moito espéctaculo.

Ás 19.30 saltaban á area os seguintes xogadores:

BARALLOBRE: Carlos, Anxo, Dani, Iago, Adrián, Alex, Aarón e Javi.

LAS FIERAS: Felipe, Antonio, Javier, Óscar, Nacho, Gonzalo, Jaime e Dani.

Venceu o Barallobre por 6-3 clasifícándose como líder do grupo B para as semifinais, sendo Las Fieras segundos.

Ás 20:00 dispútabase o último partido da xornada, o primeiro de infantís:

VIDEOCLUB ARES: Javi, Carlos, Dani, Berto, Miguel, Juan, Verónica e Iván.

CANTINA CERVÁS: Antonio, Roberto, Jorge, Jose, Marcelo, Andrés Novoa, David, Miguel e Ángel.

Vencía o Videoclub Ares por 12-5 nun partido disputado e moi pelexado polos dous equipos. Primeiro partido desta final infantil protagonizada polos xogadores do Numancia infantil divididos en dous equipos. O primeiro punto de 3 foi para o Videoclub Ares.

En alevíns, despois da xornada de hoxe, as semifinais quedan da seguinte maneira:

Lar de Picas VS Las Fieras

Muebles Narón VS Barallobre.

Estas semifinais disputaránse o venres ás 18.00 e 19:00 horas respectivamente.


Para mañá, xoves 22 de xullo, temos dúas finais, dous partidos moi interesantes:

18:30 CANTINA CERVÁS - VIDEOCLUB ARES

Segundo envite da final intantil, onde o Videoclub Ares ten a posibilidade de proclamarse campión do Torneo. Seguro que o Cantina Cervás ofrecerá moitísima resistencia e veremos un emocionante partido.

19:30 MAMBOLEO - A PONTE

Chega o espéctaculo do fútbol feminino á Praia de Ares. O Mamboleo, formado por varias xogadoras do clube A Fervenza FS flamantees campionas de España de fútbol sala e novo equipo da División de Prata Feminina loitará polo título co Mesón A Ponte formado por moitas xogadores do Valdetires Meirás de fútbol sala, un histórico deste deporte que milita tamén na división de prata. Recoméndovos a todos estes 3 partidos de fútbol praia feminino, porque ides apreciar o excelente nivel de fútbol feminino que hai na nosa comarca. ¡¡¡Non perdades detalle¡¡¡

Polo tanto, dous partidos interesantísimos, dúas finais.... fútbol diferente e vistoso na Praia de Ares...

¡¡¡NON FALTEDES¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.