CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

SDR Numancia de Ares. Outros Deportes. Chave 20109ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE.
OS EQUIPOS ARESANS DÁ 1ª CATEGORÍA VOLVEN PUNTUAR, E NA 2ª O TENIS CAEU DERROTADO POR SEGUNDA SEMANA CONSECUTIVA MENTRES QUE A KAFETA GAÑOU CON CLARIDADE A CASA TILOCHA. 

 

1ª CATEGORIA.

LS LIMODRE, 2 – LAR DE PICAS “B”, 2.
A piques estiveron os de Ares de sorprender ao primeiro clasificado no seu feudo, en dúas partidas intensas e con alternativas para ambolos dous equipos. A primeira partida adxudicáronlla os de Ares por un tenteo de 38 - 43, mentres que na segunda impuxéronse os de Limodre por un axustadísimo 35 - 33. Con este resultado as posicións na parte alta da táboa continúan igual, os de Limodre ocupan o primeiro posto con 28 puntos e os de Ares o terceiro con 23, igualados con O Pazo, que ocupa a segunda posición.
Na primeira partida os chavistas do Limodre foron: Luís (18 chaves), Paco (11) e Juan (9), mentres que polo Lar de Picas B: Tino (15), Javier (15) e Bastida (13). Na segunda partida o equipo de Limodre mantivo os mesmos tiradores, mentres que os de Ares cambiaron a un deles. Polo equipo local tiraron, Luís (13 chaves), Paco (12) e Juan (10) e polo visitante, Tino (14), Javier (10) e Fran (9).

AMBIGÚ CPS, 1 - CC OUTEIRO, 3.
Os tres puntos colleitados polo Outeiro permítenlle alternar a posición na táboa co seu rival. Na primeira partida os de Chanteiro impuxéronse con contundencia ao seu rival. Mentres que a segunda saldouse coa repartición de puntos. Un atinado José polo Ambigú e un desatinado Juan polo Chanteiro equilibraron a balanza nesta segunda partida. A primeira partida finalizou co resultado de 30 - 46. Polo Ambigú tiraron: Riki (12 chaves), José (11) e Adrián (7) e polo Outeiro, Chao (17), Juan (15) e José (14). A segunda partida finalizou en táboas 38 – 38. O Ambigú cambiou a un dos seus tiradores, o equipo compuxérono, José (17 chaves), Paco (11) e Riki (10). O Outeiro mantivo aos mesmos tiradores que na primeira partida, Chao (16 chaves), José (13) e Juan (9)
Logo da novena xornada disputada o conxunto de Chanteiro ocupa a quinta posición da táboa.

2ª CATEGORIA.

EMIGRANTE “C”, 4 - CLUB DE TENIS, 0.
Os do Emigrante C impuxéronse con claridade ao Club de Tenis nun enfrontamento directo por eludir a última posición da táboa. Polo que os de Redes, con esta derrota, volven ser o faroliño vermello.
Na primeira partida os de Limodre gañaron por 28 - 17 e na segunda 32 - 24. Destacar ao tirador do Emigrante Fran Paz que fixo a metade das chaves do seu equipo. Os tiradores do equipo de Limodre na primeira partida foron: Fran Paz (13 chaves), Kike (9) e Kike (Redes) (6). Polo Tenis: Manel (9 chaves), Emi (6) e Capu (2). Na segunda partida ambolos dous equipos cambiaron a un dos seus tiradores, lanzando polo Emigrante: Fran Paz (17 chaves), Kike (8) e Abe (7) e polo Tenis: Manel (9), Emi (8) e Chemi (7).

CASA TILOCHA, 0 - KAFETA, 4.
Clara vitoria dos aresáns fronte aos mugardeses, o que lles permite ocupar unha cómoda sexta praza na parte media da táboa. O conxunto da Kafeta impuxose ao seu rival por un tenteo de 24 - 31 na primeira partida e 25 - 30 na segunda. Os chavistas do equipo da Casa Tilocha na primeira partida foron, Kukin (9 chaves), Carlos (8) e Julio (7), mentres que polo equipo da Kafeta tiraron, Pereira (14), Maniños (9) e Romero (8). Na segunda partida os de Mugardos cambiaron a un dos seus tiradores, Kuki (12 chaves), Julio (9) e Chucu (4); e por parte dos aresáns competiron os mesmos obtendo as seguintes chaves, Maniños (13), Pereira (11) e Romero (6).

PROXIMA XORNADA (10ª)
Para a próxima xornada estos son os emparellamentos:

1ª CATEGORIA.
Lar de Picas B - Lúa Nova.
CC Outeiro - Fumazo.

2ª CATEGORIA.
Club de Tenis (Descansa).
Kafeta - Mesón O Poniente.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.