REMO. CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS

TRES BOTES DE ARES PASAN Á FINAL

Promesas feminino, infantil masculino e cadete masculino clasifícanse para a final.

 

 

Póboa do Caramiñal. 17 de abril de 2010

Esta tarde o club de remo aresán conseguiu uns excelentes resultados nesta fase clasificatoria para a final do campionato galego de bateis.

Na primeira regata as promesas femininas confirmaron a súa condición de favoritas entrando na primeira posición na súa tanda (4.28) por diante de Meira (4.34) e Vilaxoán (4.37) que tamén se meten na final. O batel de San Felipe entrou de cuarto quedando fóra . Ademais as aresás realizaron o mellor tempo superando ao primeiro batel da outra tanda, Amegrove (4.29).

As seniors absolutas quedaron de cuartas e non puideron clasificarse.

Despois das regatas femininas, os botes aresáns déronnos outra alegría, primeiro os infantís cunha segunda praza (4.28) detrás de Vilaxoán (4.19) e superando a Meira (4.30). Na outra tanda, Cabo de Cruz (4.23) e Chapela (4.33) tamén se clasificaron.

E, sen dúbida, a regata con máis suspense e igualdade de todas. Os cadetes aresáns saían pola cuarta rúa, xunto a Cabo de Cruz, Chapela e Tirán, rivais poderosos. De principio a fin da regata víase que as diferenzas eran mínimas e que a clasificación dependía de segundos ou de décimas de segundo. Chegaba Chapela primeira (6.23) e detrás Ares e Cabo parecían loitar pola segunda praza, mais foi Tirán (6.27.67) quen se colou nos últimos metros e Ares (6.28.61) tiña que conformarse coa terceira posición, obrigándoos á espera da seguinte tanda para coñecer a súa posible clasificación, que efectivamente chegou por apenas dez décimas de diferenza con Vilaxoán, terceiro por detrás de Rianxo (6.21) e Amegrove (6. 27.17).

Finalmente, os xuvenís entraron terceiros, quedando eliminados.

Por tanto, mañá domingo 18 de abril, desde as 11.30 da mañá estaremos de novo na Póboa cos tres botes aresáns: promesas femininas (loitarán polo triunfo), infantís masculinos (hai que buscar a terceira praza) e cadetes masculinos (pode pasar de todo).

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.