III CAMIÑARES. CAMIÑO INGLÉS A COMPOSTELA
A Asociación Recreativa BIMARES organiza o III Camiñares. Camiño Inglés a Compostela.
A Asociación Recreativa BIMARES organiza o “III Camiñares”, unha actividade consistente na realización do Camiño Inglés a Compostela dende a localidade de Ares, o percorrido realizarase en catro etapas.
Diás / Etapas / Percorrido:
11de abril / Ares - San Pantaleón das Viñas / 24 kilómetros.
17 de abril / San Pantaleón das Viñas - San Paio de Vilacova / 25 kilómetros.
25 de abril / San Paio de Vilacova - Santa Cruz de Montaos / 28 kilómetros.
1 de maio / Santa Cruz de Montaos - Santiago de Compostela / 26 kilómetros.
A cota establecida para poder participar é de 30 euros, que se deberán ingresar previamente na conta de Caixa Galicia número 2091-0211-27-3000065434, indicando o nome completo do inscrito.
O prazo para as inscripcións finaliza o venres 9 de abril as 20:00 h, e poderanse formalizar no teléfono 646 413 548 ou mediante o correo electrónico que se atopa na páxina web da asociación.
O venres 9 de abril, as 19:00 horas, terá lugar unha reunión informativa cos inscritos no salón de actos da Alianza Aresana.
Máis información en: www.bimares.net
< Anterior | Seguinte > |
---|