CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

O Lar de Picas B suma tres puntos na partida coa A.VV. de Serantes.

Ares, 7 de marzo de 2010.
Comezamos unha sección nova na que informaremos dos resultados conseguidos polos equipos aresáns no campionato organizado pola asociación de Amigos da chave de Ferrolterra.

Esta temporada o concello de Ares estará representado por catro equipos: C.C. Outeiro e Lar de Picas B na primeira categoría; e Kafeta e Club de Tenis de Redes na segunda categoría. 

O Lar de Picas B comezou a liga xogando co Mesón do Campo e conseguiu os catro puntos ao gañar por 38 - 25 a primeira partida e por 31 – 30 a segunda.
Na 2ª xornada suspendeuse a partida coa taberna O´Feal e na 3ª xornada tocoulle descansar.
Este pasado sábado enfrontáronse á A.VV. de Serantes, sumando tres puntos: empate na primeira partida a 29 chaves; e vitoria por 30 a 26 na segunda. Partida nivelada entre dous equipos que teñen por obxectivo escapar das posicións de descenso. Fran (15 chaves), Javier (22) e Tino (22) formaron o equipo do Lar de Picas nesta 4ª xornada.

Polo que respeta ao outro conxunto que milita nesta categoría, o C.C. Outeiro, na 1ª xornada caeu derrotado fronte O Pazo por 33 - 41 na primeira partida e 35 - 41 na segunda. Na 2ª xornada consigueu un empate ante o C.P.S. San Valentín por 30 - 29 e 24 - 34. A 3ª xornada suspendeuse o enfrontamento ante o M. O Campo. E na 4ª xornada derrotou ao T. O Feal por un tanteo moi axustado de 37 - 39 na primeira partida e 36 - 37 na segunda. Juan (21 chaves), José (21) e Chao (34) formaron o equipo do C.C. Outeiro nesta 4ª xornada.

Anunciamos xa a partida de rivalidade que se disputará o sábado, 13 de marzo, ás 18.00 h., en Chanteiro. C.C. Outeiro e Lar de Picas B intentarán demostrar cal é o mellor equipo de chave de Ares.

Por outro lado, na segunda categoría, esta fin de semana disputabase a 4ª xornada e enfrontabanse o Club de Tenis de Redes e O Emigrante B, pero a partida tivose que suspender. Motivos laborais impediron a presenza de dous dos tiradores do equipo de Redes.

No outro choque desta categoría a Kafeta enfrontouse a A.V. San Pablo, ao final reparto de puntos. Na primeira partida vitoria do San Pablo por 33 - 27 e na segunda 32 - 36 para a Kafeta. Fran (23 chaves), Maniños (21) e Cho (19) formaron o equipo de Ares nesta 4ª xornada.

No que vai disputado de temporada nesta segunda categoría os resultados foron os seguintes:

Na 1ª xornada enfrontáronse a Kafeta e o Club de Tenis de Redes, o choque resultou con reparto de puntos. Primeira partida 19 - 20 e segunda 33 - 21. Na 2ª xorrnada o Club de Tenis caeu derrotado fronte a A. V. San Pablo por 22 - 37 e 23 - 43. E o mesmo ñe sucedeu á Kafeta fronte o Fumazo por 12 - 26 e 16 - 31. Na 3ª xornada á Kafeta tocóulle descansar. E o Club de Tenis volveu sofrir unha nova derrota, nesta ocasión fronte A Curva do Pazo por 22 - 23 e 23 - 35.

Para a próxima xornada estes son os emparellamentos:

As Píntegas - Club de Tenis de Redes

A Curva do Pazo - Kafeta

 

Equipo de Chave O Lar de Picas "B". Tino, Picas, Bastida e Fran. 06/03/2010Tino. Equipo de chave O Lar de Picas "B". 06/03/2010

 

 

 

 

 

 

 

Fran. Equipo de chave O Lar de Picas "B". 06/03/2010Bastida. Equipo de chave O Lar de Picas "B". 06/03/2010

 

 

 

 

 

 

 

Equipo de chave O Lar de Picas "B". 06/03/2010

 Tino. Equipo de chave O Lar de Picas "B". 06/03/2010

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.