CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO

SDR NUMANCIA. CAMPIONATO GALEGO DE REGOERGÓMETRO. XANEIRO 2010EXITOSA XORNADA PARA O CLUB DE REMO DE ARES

Este domingo disputouse na Malata o campionato galego de remoergómetro que se aplazara hai dúas semanas por mór da folga dos traballadores de instalacións deportivas.

 

Ares, 31 de xaneiro de 2010

O club de remo aresán participou en todas as categorías e conseguiu uns magníficos resultados. Durante a xornada matinal e na modalidade individual conseguiu catro medallas:

infantil femenino: Nerea, medalla de prata.

cadete femenino: Aida, medalla de ouro; María, medalla de bronce.

xuvenil femenino: Judith, medalla de bronce.

Pola tarde, na modalidade de equipos, caeron outras sete medallas:

Cinco medallas de ouro nas seguintes categorías: infantil femenino, cadete femenino, cadete masculino, absoluto femenino e senior masculino.

Dúas medallas de prata: en infantil masculino e en xuvenil masculino.

En definitiva, unha excelente xornada para o club de remo de Ares, que completou un gran campionato. Parabéns para todos os compoñentes deste gran club.

Nos próximos días esperamos poder ofrecer unha información máis detallada deste campionato.

CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO    
  
CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO
CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO  
CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO  

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.