TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 9ª XORNADA

CITUS, ALTIUS, FORTIUS
Máis rápido, máis alto, este é o lema do deporte olímpico, difundido polo barón de Coubertin nos primeiros Xogos da Idade Moderna, celebrados en 1896 en Atenas.


Ares, 28 e xullo de 2012
Nesta frase, orixinal do padre dominico Henri Didon, pedagogo francés e amigo persoal de Pierre Coubertin, quérese ver un estímulo para a mellora das plusmarcas, mais o verdadeiro sentido corresponde a unha invitación a ser máis digno, máis alto, máis forte na mellora persoal e progresiva do perfeccionamento moral. E con este significado nos gustaría entender a nós a práctica do deporte, coma un camiño para a formación completa dos nosos rapaces, cultivando non unicamente as facetas estritamente deportivas senón aquelas outras, de carácter moral, que os farán boas persoas, aprendendo a gañar e a perder, procurando principalmente unha mellora día a día e aprendendo a convivir cos seus rivais.

Torneo Futbol Playa Ares 2012. Final Alevín. Bankia - Xuventude  Torneo Fútbol Playa Ares 2012. Final Infantil. Naranja Mecánica - Coca Juniors.

En canto á última xornada deste torneo, celebrada este venres 27 de xullo, coa disputa das finais en alevíns e na categoría de infantís, estes foron os resultados:

BANKIA 6 XUVENTUDE 4 (Final Alevín)

Ás 17:30 daba comezo o primeiro dos partidos. Chegaba unha agardada final alevín entre Bankia e Xuventude, dous equipos que na fase de grupos xa ofreceran partidos moi emocionantes. Nesta final non defraudaron, e xogaron un partido moi competido e divertido con moi boas xogadas, detalles de moita calidade e alternativas constantes no marcador. Comezou mellor o equipo do Xuventude, pero co paso dos minutos Bankia foi recuperando terreo. Tras remontar o partido, o equipo de Bankia foi capaz de administrar a súa vantaxe para levarse esta final e proclamarse campión do Campionato alevín de Fútbol Praia Concello de Ares 2012. ¡¡¡Noraboa a Bankia, e como non, tamén o Xuventude polo gran papel realizado no Torneo.

Torneo de Fútbol Playa Ares 2012. Bankia Campeón Alevín.  Torneo Fútbol Playa Ares 2012. Xuventude Subcampeón Alevín.

NARANJA MECÁNICA 8 COCA JUNIORS 5 (Final Infantil)

Ás 18:15 daba comezo a final infantil, entre dous equipos que conseguiran dar a sorpresa nas semifinais, derrotando os primeiros clasificados dos grupos de clasificación. Os pronósticos determinaban unha final moi igualada; pero o certo que o equipo de Naranja Mecánica foi superior neste partido dente o comezo. Aínda que os primeiros minutos foron de tanteo e igualdade, rapidamente o conxunto de Naranja Mecánica conseguiu varios goles para xogar esta final con máis tranquilidade. No último período, parecía que o Coca Juniors quería reaccionar, chegando a meter incluso o medo no corpo aos laranxas. Pero nos últimos minutos, o Naranja Mecánica conseguía anotar máis goles para proclamarse campión do Campionato de Fútbol Praia Infantil Concello de Ares 2012. ¡¡¡Noraboa¡¡¡ Felicitar tamén ao Coca Juniors un equipo moi deportivo e con gran trato do balón, que chegou a esta final de forma merecida e sen facer ruído, completando un gran Torneo.

Torneo Fútbol Playa Ares 2012. Naranja Mecánica Campeón Infantil.  Torneo Fútbol Playa Ares 2012. Coca Juniors Subcampeón Infantil.

Estas finais tanto a de alevíns como a de infantís, tiveron a arbitraxe da parella Jorge - Genete, que tiveron unha tarde plácida e tranquila grazas tamén ao bo comportamento dos xogadores e dos seus acompañantes durante toda a tarde. Tamén Fran Bardanca colaborou na arbitraxe durante o Torneo. Todos eles fixeron un labor totalmente desinteresado e non sempre recoñecido para que este Torneo organizado polo Numancia coa colaboración inestimable do Concello de Ares puidera levarse a cabo.

Toca polo tanto, poñer o punto e final. Foron mais de 100 nenos cos seus acompañantes os que se deron cita neste Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares 2012. Houbo cousas moi boas, como a participación e o labor deportivo, social e turístico realizada durante estas dúas semanas por todas. Outras non tan boas, das que non imos falar para no dar mais protagonismo a xente que non o merece. Os protagonistas son sempre os nenos, uns nenos que gozaron a tope deste campionato. Simplemente por iso, mereceu a pena. ¿Ata o ano que vén? Tempo de reflexión. Moitas grazas a tod@s.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.