TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 6ª XORNADA

REMATOU A PRIMEIRA FASE EN INFANTÍS

Na tarde do luns, pechouse a fase de grupos en infantís e disputouse un novo partido en alevíns. Estas foron as incidencias dos partidos.


Ares, 24 de xullo de 2012


XUVENTUDE - BANKIA - (ALEV)

Bonito partido o que nos estaban a ofrecer estes dous equipos de alevíns. Ritmo, goles, boas xogadas e moita disputa. Tanta disputa e tensión provocou unha pequena trifulca entre un xogador de cada equipo, vulnerando os principios básicos do Torneo, deportividade, compañeirismo e diversión. Tras este incidente, o mellor foi parar o partido para que todos foran bañarse nas boas augas aresás, xa sen contaminar. Este partido xogarase o venres ás 17:30 xa que ambos equipos están clasificados como 1ª e 2ª de grupo. Nesta final os xogadores de ambos equipos deberán gozar e ter máis tranquilidade se non queren terminar de novo na auga e sen medallas pola súa participación. Seguro que reflexionan. Darémoslle unha segunda oportunidade; son nenos.

NARANJA MECÁNICA, 14 – MANIÑOS, 1 (INF)
Partido de claro dominio da Naranja Mecánica que levou o partido de forma folgada. Con este resultado a Naranja Mecánica clasifícase como 2ª do Grupo B, namentres que os bos rapaces do Maniños quedan eliminados despois de pasar unha boa semana de fútbol praia en Ares.

UNA BANDA, 3 - BANKIA, 5 (INF)
Foi sen dúbida o mellor partido da xornada. Una Banda necesitaba a vitoria para poder clasificarse. Pola súa banda Bankia necesitaba cando menos un empate para ser primeiro de grupo. Moita igualdade durante todo o encontro, alternativas no marcador e moito esforzo por parte de ambos equipos. No tramo final do encontro, as individualidades de Bankia resolvían o partido. Con esta vitoria Bankia clasíficase como primeiro do grupo "B". Una Banda abandona o Torneo despois de realizar 3 partidos moi bos e dar unha boa imaxe na súa primeira participación nos Torneos de Fútbol Praia de Ares

 


Polo tanto remata a fase de grupos en infantís. No grupo A, Los Fantoches e Coca Juniors serán os semifinalistas. Polo grupo B, Bankia e Naranja Mecánica son os clasificados. Chega polo tanto a hora da verdade, hoxe martes a partir das 19:00 chegan ás semifinais con este menú:

19:00 LOS FANTOCHES - NARANJA MECÁNICA  (INF)

19:45 COCA JUNIORS - BANKIA (INF)


Bonitos e decisivos partidos ós que nos agardan este martes. Agardámosvos na praia de Ares para ver estas dúas semifinais de infantís. Non faltedes.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.