Get Adobe Flash player
Inicio Outros Deportes TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 3ª XORNADA
 
Compartir
 

TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 3ª XORNADA

EMOCIONANTE XORNADA DE MÉRCORES

Con menos sol e calor que nos dous primeiros días de Campionato, disputouse a 3ª xornada do Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares 2012. Unha xornada que tivo tres partidos moi disputados, que foron os seguintes:


Ares, 18 de xullo de 2012


CAT. ALEVÍN


XUVENTUDE 4 BANKIA 4
XUVENTUDE: : Bruno Noya, Jesús, Borja, Julián, David, José Luís, Eduardo, Iago e Bruno.
BANKIA: Javi, Nacho, Gonzalo, Javi Lemos, Jaime,
Árbitro: Genete

Gran partido de alevíns para abrir boca na xornada do mércores. O equipo do Xuventude volveu amosar as boas maneiras da primeira xornada. Desta vez atopouse cun forte rival, o Bankia campión do Torneo na pasada edición. Partido moi bonito e disputado que conseguiu empatar o Bankia nos últimos minutos cando o bo equipo Xuventude xa celebraba a vitoria.

Alevines - Xuventude  Alevines - Bankia

CAT. INFANTIL: (GRUPO A)

THE LIONS 3 BLUE SENSE 2
THE LIONS: Luís, Carlos, Josete, Danichu, Pablo, Adri, David, Chicho e Nano.
BLUE SENSE: Álex, Dani, Álvaro, Carlos, Carlos Bello, Sergio e Adrián.
Árbitro: Genete

Abríase a 2ª xornada do grupo A en infantís. Enfrontábanse os dous equipos perdedores na primeira xornada. Partido polo tanto decisivo para a clasificación de ambos equipos. Un encontro que non defraudou aos espectadores. Boas xogadas pero sobre todo moita entrega e sacrificio de ambos equipos. Finalmente a sorte estivo do lado dos The Lions que se levaron a vitoria de forma moi axustada nos últimos minutos. Despois deste resultado, os The Lions terá que xogarse o pase ás semifinais na xornada do venres co equipo de Coca Juniors, namentres que Blue Sense  xogarase o a súa honra ante Los Fantoches tamén o venres.

 

Infantiles - The Lions Infantiles - Blue Sense

CAT. INFANTIL: (GRUPO A)

FANTOCHES 5 COCA JUNIORS 3

FANTOCHES: Iago, Jaime, Rubén, Nacho, Marcos, Borja, Leo e Alberto.
COCA JUNIORS: Adán, Migui, Note, César, Maceira, Coque e Aitor.
Árbitro: Jorge.

Sen dúbida puidemos ver o mellor partido do Torneo ata o momento. Fantoches e Coca Juniors dous equipos que xa venceran na primeira xornada, medíanse este mércores. Partido de moita calidade e moito ritmo. Non había un dominador claro e as alternativas no marcador eran a tónica do partido. Finalmente, no último terzo do encontro Los Fantoches amosaron unha mellor condición física e conseguiron unha vantaxe de dous goles que lles sería suficiente para levarse o encontro. Tras este resultado, Los Fantoches dan un paso de xigantes para as semifinais, namentres que o Coca Juniors loitará polo pase ás semifinais ante o The Lions o venres.

Infantiles - Coca Juniors  Infantiles - Fantoches

Para a xornada deste xoves, temos de novo 3 partidos.

Xoves, 19 de xullo:
18.30 (AL): Los Españoles – Bankia

19.15 (INF B): Naranja Mecánica – Bankia

20.00 (INF B):  Una Banda – Maniños


Na xornada deste xoves, chega por fin o derbi aresán en alevins, cerrando así a primeira volta do Torneo nesta categoría. Na categoría infantil, 2ª xornada do Grupo "B" onde todos os equipos deberán esforzarse para chegar a última xornada de grupo, o luns, con opcións de meterse nas semifinais do Torneo. Destacar outro derbi aresán entre Naranja Mecánica - Bankia, ambos equipos con xogadores habituais nestes Torneos.


Agardámosvos coma sempre este xoves na Praia de Ares para gozar do espectáculo do fútbol praia en estado puro. ¡¡¡Pasamos revista¡¡¡




 

Colaboradores