TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 1ª XORNADA

VITORIAS DE XUVENTUDE, COCA JUNIORS E FANTOCHES

Comezou o tradicional Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares para as categorías alevíns e infantís. Nunha tarde típica de verán, con sol e calor rodaba o balón na praia de Ares cos seguintes partidos:

 

Ares, 16 de xullo de 2012


CAT. ALEVÍN: XUVENTUDE, 7 - LOS ESPAÑOLES, 1


XUVENTUDE: Bruno Noya, Jesús, Borja, Julián, David, José Luís, Eduardo, Iago e Bruno.
LOS ESPAÑOLES: Martín, Álex Saavedra, Pablo, Adri, Antonio, Álex Feal, Javi e Tomás.
Árbitro: Genete.
Para abrir boca, un partido de alevíns onde o conxunto do Xuventude Casa Alonso amosou a súa superioridade ante Los Españoles. Un conxunto do Xuventude que conta nas súas filas con bos xogadores do Perlío e Galicia de Caranza e que se amosou superior a Los Españoles conxunto formado por algúns dos xogadores do Numancia de Ares alevín.

CAT. INFANTIL: (GRUPO A)


THE LIONS, 5 – COCA JUNIORS, 7


THE LIONS: Luís, Carlos, Josete, Danichu, Pablo, Adri, David, Chicho e Nano.
COCA JUNIORS: Adán, Migui, Note, César, Maceira, Coque e Aitor.
Árbitro: Jorge
Bonito partido para abrir un Torneo infantil que se presenta apaixoante. Vivimos un partido moi disputado, con moitas alternativas no marcador. Finalmente o conxunto de The Lions formado por xogadores do Numancia, Eume, Racing e Galicia de Caranza non puido vencer a un bo equipo como Coca Junior formado por xogadores do Portuarios e Galicia de Caranza entre outros.

CAT. INFANTIL: (GRUPO A)


BLUE SENSE 0 – FANTOCHES, 4


BLUE SENSE: Álex, Dani, Álvaro, Carlos, Carlos Bello, Sergio e Adrián.
FANTOCHES: Iago, Jaime, Rubén, Nacho, Marcos, Borja, Leo e Alberto.
Árbitro: Jorge
Partido complicado para o equipo de Fantoches. Un equipo que conta nas súas filas con xogadores do Deportivo, Galicia de Caranza e Perlío. Xogadores de moita calidade que tiveron que poñerse o mono de traballo ante o equipo de Blue Sense; un grupo de rapaces aresáns, ferroláns e madrileños que forman un equipo moi traballador e agresivo. Tan agresivo que ás veces traspasan os límites regulamentario; algo que terán que ir corrixindo ao longo dun Torneo onde o fundamental é a deportividade e bo comportamento. De todas formas foron un digno rival neste partido ofrecendo ambos equipos un bo espectáculo para pechar a xornada do luns neste Torneo de Fútbol Praia.

Antes da previa da xornada do martes, informar dos cambios nos horarios da xornada do venres, 20 de xullo, que queda da seguinte maneira:
18.30 H: Los Españoles – Xuventude (alevíns)
19.15 h.: The Lions – Fantoches (infantís)
20.00 h.: Coca Juniors – Blue Sense (infantís)
Xusto despois da xornada do venres comezará no mesmo escenario o Maratón de Fútbol Praia senior de Ares.


Volvendo ao noso, na xornada de hoxe martes temos o inicio do grupo "B" de infantís cos seguintes partidos:


19:00 NARANJA MECÁNICA - UNA BANDA (infantís)


19:45 BANKIA - MANIÑOS (infantís)
Agardamos polo tanto a presenza de tanta ou máis xente como na xornada do luns gozando dun clásico de cada verán, o Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares en alevíns e infantís. Praia e fútbol en estado puro para as dúas próximas semanas na Praia de Ares. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.