Torneo Fútbol Sala Cervás 2012
Aberto o prazo de inscrición
A edición do ano 2012 do Torneo de Fútbol Sala de Verán que organiza o Centro Instructivo Recreativo y Social de Cervás (C.I.R.S.) disputarase dende o 15 de xuño ata o 11 de agosto. Xa está aberto o plazo de inscrición para o torneo.
O torneo disputarase coma en edicións anteriores os venres dende as 20:30 horas e os sábados dende as 20:00 horas. O número máximo de participantes será de 12 equipos repartidos en dous grupos de 6. A primeira fase do torneo será en formato de liguiña a volta única clasificándose para cuartos de final os 4 primeiros de cada grupo. A segunda fase será en formato de eliminatoria a partido único con roldas de cuartos, semifinal e final.
A inscripción ten un precio de 90 € por equipo e rematará media hora antes do sorteo de grupos ou cando se cubra o cupo máximo de equipos. A formalización da inscripción pode facerse no Local Social do C.I.R.S. ou mediante o formulario de
contactoda web do torneo indicando:
- Nome do equipo,
- Cores da equipación,
- Teléfono e mail de contacto,
- Nome do responsable
- Localidade á que pertence.
O sorteo dos grupos celebrarase o día 10 de xuño á 13:30 no local social do C.I.R.S en Cervás e deberán de estar presentes os representantes dos equipos participantes.
fonte:fscervas.deraes.es
< Anterior | Seguinte > |
---|