FUTBOL PRAIA ARES 2011. 3ª Xornada
Emoción, igualdade e primeiros clasificados. Resumo da 3ª Xornada.
Terceira xornada do Torneo de Fútbol Praia organizado polo "Lar De Picas" con gran ambiente, emoción e igualdade donde algúns equipos xa remataron a súa andaina nesta primeira rolda.
As 18:00 disputouse o primeiro partido de alevíns.
VERDES, 3 - CASA ALONSO, 5
Partido moi equilibrado ó comenzo que rematou decantandose polos de Narón que acadan así o primeiro posto do grupo ó vencer nos dous encontros da liguiña, pasando directamente ás semifinais.
As 18:45 xogouse o primeiro dos encontros de infantís da xornada
VIDEO CLUB ARES, 7 - PRADOS VELLOS, 7
Encontro de máxima rivalidade local, compañeiros e amigos fronte a fronte na praia. Sorprenderon de saída os de Prados Vellos con ventaxe no primeiro tempo, igualaron no segundo periodo os do Video Club que remontaron e foron por diante no marcador ata preto do remate do encontro, cando novamente volveron a igualar os de Prados Vellos. Encontro moi disputado, con alternativas no marcador e no xogo que rematou con un resultado xusto. Neste grupo moi igualado queda todo pendente do último encontro entre Perlío e Prados Vellos, donde dependendo do resultado ata pode ser primeiro o que non xoga, o Video Club Ares.
Ás 19:30 segundo encontro infantil.:
PLAYARES, 8 - VERDES, 2
Encontro codicionado por algunhas baixas nos Verdes, pronto encarrilaron o encontro os do Playares que amosaron a súa superioridade. Neste grupo os Verdes e Los Polluelos disputarán ó ultimo partido con posibilidades de pasar de primeiros os dous equipos, e ao igual que no outro grupo infantil , podería pasar de primeiro o equipo que non xoga, Playares.
Para a xornada do venres 29 temos ós seguintes partidos:
18:00 BANKIA – PÁDEL FERROL (AL)
18:45 LOS POLLUELOS – VERDES (INF)
19:30 PERLÍO – PRADOS VELLOS (INF)
Este venres decídiranse os cruces da respesca e ós pases directos ás semifinais do Torneo de Fútbol Praia en Ares.
Resultados e clasificacións ata o momento
Alevíns Grupo A | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | Puntos | ||||||
4 | LOS VALIENTES | - | VERDES | 8 | 1 | CASA ALONSO | 2 | 2 | 0 | 0 | 11 | 8 | 6 | |
5 | LOS VALIENTES | - | CASA ALONSO | 6 | 2 | VERDES | 2 | 1 | 0 | 1 | 11 | 9 | 3 | |
3 | VERDES | - | CASA ALONSO | 5 | 3 | LOS VALIENTES | 2 | 0 | 0 | 2 | 9 | 14 | 0 |
Alevíns Grupo B | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | Puntos | ||||||
5 | NORWAYS | - | BANKIA | 8 | 1 | NORWAYS | 2 | 1 | 0 | 1 | 15 | 10 | 3 | |
10 | NORWAYS | - | PÁDEL FERROL | 2 | 2 | BANKIA | 1 | 1 | 0 | 0 | 8 | 5 | 3 | |
BANKIA | - | PÁDEL FERROL | 3 | PÁDEL FERROL | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 10 | 0 |
Infantís Grupo A | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | Puntos | ||||||
1 | PLAYARES | - | LOS POLLUELOS | 9 | 1 | LOS POLLUELOS | 1 | 1 | 0 | 0 | 9 | 1 | 3 | |
8 | PLAYARES | - | VERDES | 2 | 2 | PLAYARES | 2 | 1 | 0 | 1 | 9 | 11 | 3 | |
LOS POLLUELOS | - | VERDES | 3 | VERDES | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 8 | 0 |
Infantís Grupo B | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | Puntos | ||||||
5 | VIDEO C. ARES | - | PERLIO | 5 | 1 | VIDEO C. ARES | 2 | 0 | 2 | 0 | 12 | 12 | 2 | |
7 | VIDEO C. ARES | - | PRADOS VELLOS | 7 | 2 | PRADOS VELLOS | 1 | 0 | 1 | 0 | 7 | 7 | 1 | |
PERLIO | - | PRADOS VELLOS | 3 | PERLIO | 1 | 0 | 1 | 0 | 5 | 5 | 1 |
< Anterior | Seguinte > |
---|