FÚTBOL PRAIA. INFORMACIÓN DOS EQUIPOS

 

ÁS SEIS DESTA TARDE COMEZA O TORNEO

Valientes - Verdes da categoría alevín abren o torneo de fútbol praia 2011 organizado por Picas. Nesta noticia tamén atoparedes información dos xogadores que integran os equipos.

Ares, 26 de xullo de 2011

Na primeira xornada disputaranse estes partidos:

18.00 : Valientes - Verdes (AL)

18.45 : Norways - Bankia (AL)

19.30 : Playa Ares - Polluelos (INF)

E esta é a información dos integrantes dos distintos equipos (observación: as idades dos nenos corresponden á temporada 2010-11)
 
ALEVÍNS:
 
OS VALIENTES: Contan con xogadores do Numancia, benxamíns de 2º ano e alevíns de 1º ano, reforzados por varios rapaces que veranean en Ares.
 
VERDES: Formado polos xogadores alevíns da SD Barallobre.
 
CASA ALONSO: Equipo de fútbol sala de nova creación, que conta nas súas filas con xogadores do Perlío, Racing Ferrol e Galicia de Caranza de fútbol 7, todos eles en idade alevín.
 
NORWAYS: Xogadores alevíns de 2º ano do Numancia alevín reforzados por algún neno noruego e algún rapaz dos que veranean en Ares.
 
BANKIA: Xogadores alevíns de 2º ano do Numancia alevín reforzados por xogadores alevíns do Portuarios e do Rácing Ferrol.
 
E.C. PÁDEL: Neste equipo milita un xogador do Numancia benxamín, Víctor, acompañado polos seus amigos de Ferrol.
 
 
INFANTÍS:
 
PLAYARES: Xogadores de primeiro ano do Numancia infantil, reforzados por algún xogador infantil do Racing Ferrol e do Galicia de Mugardos.
 
LOS POLLUELOS: Xogadores infantís de 1º ano da S.R.D Portuarios de Ferrol Vello.
 
VERDES: Formado polos xogadores infantís da SD Barallobre.
 
VIDEO ARES: Equipo formado por xogadores de 2º e 1º ano do Numancia, reforzados por un xogador do Galicia de Caranza.
 
PERLÍO: Neste equipo militan varios xogadores do Perlío infantil, outros do Galicia de Caranza e dous xogadores do R.C Deportivo de A Coruña.
 
PRADOS VELLOS: Xogadores de 2º ano infantil do Numancia, reforzados por varios rapaces que pasan o verán en Ares. Representan a parroquia aresá de Cervás.
 
Como vedes, preto de 100 rapaces participarán no Torneo de Fútbol Praia 2011. Toda unha ledicia para a organización, que busca con este Torneo difundir e potenciar o fútbol praia e o deporte entre os rapaces de Ferrolterra.
 
Moita sorte a todos, xogo limpio e ¡¡¡A DESFRUTAR¡¡¡
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.