PREBENXAMÍNS. VALORACIÓN DA 1ª FASE

JORGE: "A DIVERSIÓN E O BENESTAR DOS NENOS, DEBEN DE ESTAR SEMPRE POR ENRIBA DE CALQUERA OBXECTIVO INDIVIDUAL OU COLECTIVO"

Jorge Martínez, monitor dos prebenxamíns do Numancia e numantino de corazón, déixanos a súa valoración en relación ao acontecido nestes primeiros meses da temporada co equipo prebenxamín.

 

Ares, 30 de novembro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2017-2018. Jorge Monitor Fútbol Base."O Numancia prebenxamín 2017-2018 comezaba a sua temporada o 31 de agosto. Durante o mes de setembro, participaba no Torneo do noso querido, Pedro García Vilar e no da SDR Ánimas de Ferrol nas magníficas instalacións de A Gandara; ademais de xogar partidos amigables en Prados Vellos ante o Eume Deportivo e o Rápido de Neda. 

Durante os meses de outubro e novembro, compartiu o grupo "C" da Fase Previa da Liga cos amigos do CD Narón, Galicia de Caranza "B", Narón O Freixo, Eume Deportivo, Racing de Ferrol "C", San Sadurniño e Racing de Ferrol "B". Como dato anécdotico, podemos dicir que o Numancia obtivo 5 vitorias, 1 empate e 1 derrota, finalizando a Fase Previa en 3ª posición. Xogaron no Numancia prebenxamín ata o momento, 6 xogadores do ano 2010 (un deles debuta este ano no fútbol), 4 xogadores do 2011 e 4 xogadores todavía en idade biberón, do ano 2012.

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2017-2018. Jorge Monitor Fútbol Base.A partir do mes de decembro, o Numancia prebenxamín xogará no grupo 1 da categoría, nunha esixente Liga onde estarán os 10 mellores equipos prebenxamíns de Ferrolterra, Eume e Ortegal, tomando sempre como referencia as clasificacións dos tres grupos da Fase Previa. Nesta Liga, eu agardo que os rapaces melloren e se sigan formando coma pequenos futbolistas. Terán que xogar contra moi bos equipos, formados nalgúns casos íntegramente por nenos de segundo ano. Agardo que os nenos saquen o mellor de si, e resultados aparte, aproveiten estos partidos de bo nivel futbolístico (sempre sen olvidar que estamos en prebenxamíns) para progresar e coller conceptos e experiencia para anos posteriores, como fixeron anteriormente outros nenos que tiven a sorte de adestrar ou axudar a adestrar nas distintas cateegorias do club en anteriores etapas, e aos que desde aquí aproveito para mandar un agarimoso saudo. O mellor premio para un adestrador, é que os nenos que el adestra ou axuda na sua formación deportiva sigan xogando no Numancia ou en categorías superiores durante moitos anos.

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2017-2018. Jorge Monitor Fútbol Base.En resumo, o mais importante de todo e que non se perda a esencia do fútbol base do Numancia. Xuntarse o fin de semana, para ir a xogar e disfrutar dun partido de fútbol. Cando eu xogaba (ou cando menos o intentaba) agardabamos toda a semana polo venres ou sábado, disfrutábamos ao máximo cada partido, antes, durante e despois. Daba igual que perdéramos por goleada, viñeramos para a casa coas marcas dos balóns Mikasa, dos tacos de aluminio ou chegaramos ao vestuario cheos de barro ata as orellas. Xuntarse cos veciños e amigos do pobo, viaxar xuntos... Adultos e nenos no mesmo barco e simplemente xogar, animar, convivir e disfrutar. Porque problemas na vida xa hai moitos, e o fútbol base non debe ser nunca un deles.

Por último, quero aproveitar para agradecer ao Numancia que confiara de novo na miña persoa para ser o monitor do equipo prebenxamín, e para colaborar tamén no equipo de cadetes e na páxina web. Asímesmo, quero desexarlle moita sorte para o que resta de temporada aos meus colegas e sufridores monitores - adestradores das demais categorías do club. Pase o que pase, agardo que todos podamos gritar con orgullo ao final de temporada iso de...


¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡




"Ninguna medalla vale la salud de un niño"

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.