Onte a radio vestíuse de loito
Onte a radio estivo de loito porque morreu Pedro García. Coñecín a Pedro no outono de 1996
Onte a radio estivo de loito porque morreu Pedro García. Coñecín a Pedro no outono de 1996. El presidia o Numancia de Ares e eu iniciaba un novo proxecto radiofónico que chamabamos e chamamos Carrusel Volta á Ría. Dous anos antes percorría e visitaba os campos da comarca coa miña gravadora para facer as crónicas radiofónicas deportivas para a radio. Seguro que tropecei moitas veces con Pedro García, sobre todo, cando visitaba o mítico campos dos Prados Vellos, seguindo ao Perlío, ao S.D.Barallobre e ao Cultural Maniños. El facilitábame as alineacións entre a secretaría e a cantina do campo do Numancia. Sempre educado, sempre cordial, sempre xeneroso, sempre ao servizo de todos…. Naquel outono de 1996 contactei con el. Necesitaba directivos que me votaran unha man nese ambicioso proxecto radiofónico de iniciar un carrusel comarcal. Chameino para que colaborara con nós e dixo que sí dende o primeiro momento. Foi un colaborador total. As súas crónicas parecian dun profesional, pola súa seriedade, a súa obxectividade e a súa intención de informar non só aos afeccionados de Ares senon tamén ao resto da comarca. Sempre tivo esa virtude de servizo público. Unha ducía de anos despois el seguiu colaborando coa radio, sempre coa “chuleta” preparada cos resultados da base e sempre ao servizo de todos….
De repente veume a lembranza moita xente que comezou conmigo o Carrusel. Non quero nomear a ninguén por si me esquenzo de alguén pero sempre, sempre estivo conmigo Pedro García.
Onte no estudo da radio con Oscar Martínez e Paulo Regueiro lembraba a Pedro García e pensaba que inxusto é o mundo. Onte fixéronse moi longas as sete horas de radio do domingo no vello estudo de Radio Fene porque morreu un dos maiores activos do fútbol de Ferrolterra. Descansa en paz amigo Pedro. A radio e o fútbol sempre te lembrarán…
Xan Morales