Infantís. Narón, 3 - Numancia, 3

SDR Numancia de Ares. Infantís 2009-2010. Narón 3 - Numancia 3. 29/05/10. O Cadaval.Coa cabeza moi alta.
O Numancia quedou eliminado da competición de Copa ante o Narón no campo de "O Cadaval". A pesar da eliminación, o equipo aresán pode estar orgulloso da entrega dos seus xogadores que conseguiron porse 0 a 3 ao descanso e loitar pola clasificación ata o último minuto do encontro.

O Cadaval. 29/05/2010

Aliñacións:
Narón: Iván Casteleiro, Dani Romeu, Ivan Bouza (Manuel 75´), Bruno Sande, Carballeira (Marco 73´), Gabriel, Brunito, Dilan, Yosy (David Prieto 70´), Huguito (Chao 41´) e Fran Soto.

Numancia: Kike (Roberto 76'); Miguelito (José Manuel 76'), Verónica, Alberto, Darío, Adrián, Juan (Andrés Novoa 54'), Martín, Iván, David (Miguel 76'), Ángel (Marcelo 51').

Goles:
David, Iván e Juan para o Numancia.
Bruno, Brunito e Fran Soto para o Narón.

Amoestacións:
Cartóns amarelos para Juan e o adestrador do Numancia por protestar e para un defensa local por perda de tempo.

 

Comentario:
Partido moi disputado con un primeiro tempo memorable dos visitantes que conseguiron remontar o resultado adverso da ida e pór contra as cordas aos locais.
Con todo, o primeiro susto deuno o Narón que case abre o marcador no minuto 14 pero Darío consegue sacar o balón cando xa se cantaba o gol.
No minuto 20 combinación entre Juan que centra desde a esquerda, Iván controla e cede ao bordo da área a David que anota o 0-1.
No minuto 23 cámbianse os papeis i é David o que pasa a Iván para que marque sobre a saída do porteiro local o 0-2.
No 29 o Narón dá un novo aviso estrelando un balón no traveseiro.
As ocasións visitantes seguen chegando pero unhas veces o porteiro local e outras a precipitación e falta de precisión impiden aos de Ares anotar o tanto.
No minuto 38 Martín pasa a Juan que eleva o balón sobre a saída da meta local conseguindo o 0-3.
O que parecía imposible estaba a conseguirse, con ese resultado o Narón quedaba apeado e o Numancia pasaría á final.
Pero aínda faltaba toda a segunda metade e os locais non baixaron os brazos e saíron a por todas.
No primeiro minuto (41') unha falta a favor do Narón é sacada desde a banda dereita do ataque local e o balón conségueo rematar Bruno no punto de penalti,  consegue así acurtar distancias e empatar a eliminatoria (1-3).
O gol deixa un pouco tocado aos visitantes e os locais crécense.
No minuto 6 un balón chega á zona esquerda do ataque local e Brunito desde o pico da área  bate a Kike establecendo o 2-3.
O Numancia refaise e consegue presionar pondo en apertos aos naroneses sabedores que marcando un tanto conséguese a clasificación e búscase con intensidade.
A clasificación estivo nos pés de Iván que no minuto 75 estrelou un balón no pau grazas a un bo disparo desde o bordo da área.
Tamén Martín no tempo de prolongación colocou un balón na escuadra esquerda da portería pero o porteiro local sacou unha excelente man para evitar a eliminación do seu equipo.
O "corner" resultante era o último cartucho para os visitantes que se foron completamente ao remate deixando ó meta Roberto no medio campo. O saque de esquina  despéxao a defensa local e o saíndo a contra pecharán o encontro co 3-3 de Fran Soto.
En resumo un gran partido de copa con todos os ingredientes, onde ambos equipos sufriron e pelexaron por conseguir o pase á final.
Só queda felicitar ao Narón e moi especialmente animar e felicitar aos nosos rapaces que demostraron estar á altura do que esixía o partido e deixar satisfeitos a pesares da eliminación ós numerosos afeccionados aresáns que se desprazaron para animar ó equipo.

Para finalizar aproveitamos esta crónica para informarvos que a cea de fin de tempada do equipo infantíl está previsto celebrála o proximo sábado 26 de xuño ás 22:00 horas na "Cervecería ABEL". Esperámovos a todos.

¡¡¡¡¡AUPA NUMAN¡¡¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.