Infantís. Numancia, 2 - Ortigueira, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Infantils 2009-2010. Copa Local. Numancia, 2 - Ortiguiera, 2, Prados VellosDemasiadas ocasións e pouco acerto.

En encontro correspondente á fase de grupos da Copa Local o Numancia de Ares e o Ortiguiera acabaron empatando a dous nun encontro rifado onde os locais perdoaron na primeira parte e puideron acabar perdendo o partido. Ao descanso chegouse con empate a un tanto. A choiva acompañou nalgunhas fases do partido aínda que sen moita intensidade.

17/04/10 Prados Vellos.

Aliñación: Kike; Miguelito, Alberto, Verónica, Darío (Andrés Saavedra 34') Martín, Marcelo, José Manuel (Miguel 49'), Andrés Novoa (Tomás 68'), Iván e Sergio (Anxo 49').

Goles: Sergio e Iván.

Amoestacións: Cartóns amarelos para Alberto (58') e Verónica (62').

O Ortigueira presentábase en Ares con algunhas baixas importantes por lesión. Durante o quecemento o porteiro local Roberto sufriu un problema na súa man dereita que lle impediu iniciar o encontro sendo Kike quen ocuparía a porta dos numantinos.
O partido iniciouse con bo ritmo e as ocasións ante a meta visitante comezaban a sucederse pero unhas veces o acerto de porteiro e defensores, outras por fallo dos dianteiros locais o balón non chegaba a entrar na meta dos de Ortegal.
No minuto 28 un balón despexado en longo por Alberto no centro do campo, peitéao Iván e deixa a Sergio ante a porta rival para que consiga adiantar aos locais (1-0).
Un novo contratempo xorde para os de Ares que ven como o seu lateral esquerdo Darío ten que abandonar o campo lesionado no seu pé de dereito, entrando Andrés Saavedra no seu lugar no minuto 34.
Sen facer un bo xogo, a primeira parte discorre con ocasións locais (hai dous balóns ao traveseiro) pero sen efectividade.
Pola contra os visitantes aguantan  ben e chegan en pouco pero perigosas contras. Grazas a unha delas, conseguen forzar un saque de esquina no último minuto do primeiro tempo (40') e á saída do mesmo, anotan o tanto do empate (1-1).
O segundo tempo iníciase cun Ortigueira máis motivado e un Numancia que aínda non se recuperou do golpe que supuxo o empate no final do primeiro período.
Unha nova contra dos visitantes aos dous minutos da continuación (42') permite ao dianteiro exceder  á defensa local e bater a Kike na súa saída deixando en vantaxe ao Ortigueira.(1-2).
O Numancia trata de chegar á meta visitante máis co corazón que coa cabeza e o Ortiguiera pon en serios problemas  a defensa local á contra. O bo labor  defensivo dos locais impide que o marcador aumente, aínda que para iso teñen que recurir até en tres ocasiones a agarrar o contrario. Dous destas xogadas acaban en falta e con amoestación para Alberto (58') e Verónica(62'). Unha terceira provocada por Miguelito non é apreciada polo árbitro.
No minuto 67 Martín lanza en longo desde medio campo un balón ás costas da defensa adiantada do Ortigueira e Iván conduce en carreira o balón até conseguir bater á meta visitante deixando o 2-2 definitivo.
Seguiron uns e outro buscando o triunfo pero xa non se produciría variación no marcador.
En resumo, un partido disputado pero sen xogo moi vistoso, con resultado que se pode considerar xusto, porque aínda que no primeiro tempo o Numancia puido sentenciar, xusto é recoñecer que no segundo o Ortigueira tamén dispuxo das súas oportunidades.
Para ver mais fotos do partido cedidas polo Ortigueira pincha aquí.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.