Infantís. Numancia, 5 - Perlío, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010.  Numancia, 5 - Perlío, 2. Copa Local Infantil.  Prados VellosProtagonismo dos debutantes.

O Numancia remontou un gol inicial dos visitantes e acabou vencendo por 5 a 2 en encontro correspondente á Copa Local Infantil. Debutaron con boa nota no equipo local catro alevíns.

Prados Vellos, 27/03/20010

Aliñación: Roberto ( Fernando 40'), Miguelito, Alberto, Verónica, Dario, Martín, Carlos (Miguel 57'), Marcelo ( José Manuel 60'), Fran (Ángel 48'), Sergio Rico ( Braís 48') e Andrés Novoa.

Goles: Sergio Rico (3), Martín e Ángel.

De saída o equipo local presentaba tres importantes novidades, a inclusión no equipo dos alevíns Fran, Carlos e Sergio Rico. A saída dos locais foi boa chegando con perigo á porta visitante, pero no minuto 2 o primeiro contra ataque do Perlío, cun balón ás costas da defensa local finaliza en gol ao bater o dianteiro visitante a Roberto na súa saída (0-1). Seguiu atacando o Numancia e volveu ter algunha clara ocasión, pero foi o Perlío aos 8 minutos,  o que novamente á contra, case logra pór un novo gol no seu marcador. A boa intervención de Roberto nun man a man co dianteiro fenés evitou aumentar a vantaxe dos visitantes.
Aos poucos foise entoando o equipo local e nun balón en longo dispútao Marcelo co seu marcador e sobre a saída do meta visitante agarrao un oportunista Segio Rico que non perdoa e logra o empate no minuto 16 (1-1).
O xogo local segue mellorando e nunha xogada por banda esquerda de Carlos, con chegada até a liña de fondo e pase cara atrás é aproveitada por Sergio Rico novamente para adiantar aos locais no minuto 19 (2-1).
Segue o dominio local e Martín dispara ao pau no minuto 39, o rexeite aprovéitao novamente un inspirado Sergio Rico para pór o 3-1 co que finalizaría a primeira metade.
A segunda parte iníciase co debut doutro alevín, Fernando, que se encargará de manter a cero a portaría local.
Pronto se impón o xogo dos de Ares e Martín recolle un balón ao bordo da área, dispara coa perna esquerda para anotar o 4-1 no minuto 43.
Fran e Sergio Rico deixan o campo no minuto 48  e no 57 farao Carlos xusto despois de que se consiga o 5-1 grazas a un corner executado por Miguelito que disputa Marcelo e deixa o balón morto para que Ángel consiga envialo ao fondo da portería visitante.
O encontro seguiu sendo dominado polos locais que non aproveitaron algunha que outra ocasión.
No minuto 74 o árbitro decreta penalti por empurrón de Verónica a un dianteiro visitante. A pena máxima lógrá deter Fernando pero o balón queda solto na área e un dianteiro fenés aproveita o rexeite para deixar o 5-2 definitivo no marcador.
En resumo, encontro entretido e disputado con bo xogo nalgunha fase do mesmo e que os locais conseguiron inclinar ao seu favor. Excelente debut dos alevíns. No negativo excesivo uso das mans, agarrando i empurrando, o que obrigou ao colexiado a avisar a varios xogadores de amboslos dous equipos.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.