INFANTÍS. PLAN COMPETICIONAL 2016/17
RENUNCIA DO EUME Á LIGA GALEGA
En principio, parece que contaremos con 30 equipos para esta vindeira temporada, despois de ...
Ares, 12 de xullo de 2016.
... sumar as novas incorporacións do Freixo, Narón C, San Sadurniño e Cañoles. Claro está que o Barallobre e o Amistade Meirás B non presentan equipo infantil para este ano. Así mesmo, tamén hai que contar co Eume, equipo que conseguira o ascenso á Liga Galega pero que renunciou á mesma.
Así pois, uns 30 equipos que se repartirán en 3 grupos de 10 equipos. O Numancia sae no grupo A, xunto ao Eume, Val, Narón, Perlío, Portuarios B, Caranza C, Neda, EF Ferrol e Cebarca.
A competición está previsto que comece o 2 de outubro.