INFANTIS. O VAL, 12 – NUMANCIA, 1.

CLARA SUPERIORIDADE LOCAL

Partido correspondente á oitava xornada da 1ª Fase da 1ª Autonómica Infantil, Grupo A. Desputado no campo naronés de Sinde, no Val, diante de numerosos espectadores. Ao descanso o resultado era de 4 a 1 favorable aos locais, ao final do encontro, 12 a 1.


FICHA TÉCNICA

SD O VAL: Iván Montero, Anxo (Alexandre), Bruno (Daniel), Lucas, Oscar, Ignacio, Aarón, Adrián García (Manuel), Adrián Naveiras, Daniel Prieto, Roi (Ismael).

CORPO TÉCNICO: Ramiro Prieto Fernández

NUMANCIA: Nacho (Emilio), Martín, Telmo, Borja, Martina, Pablo Cartelle, Migui, Chechu, Alberto (Naim), Jaime e Óscar.

CORPO TÉCNICO: Tony e Paulo.

COLEXIADO: Telmo Pérez Vázquez. Sen incidencias.

Amplia derrota a que sufriron os nosos no campo do Sinde, no Val, nunha das saídas máis compricadas neste duro Grupo A da Copa Infantil. O colíder da competición recibía nunha mañá soleada aos de Ares que se presentaron no campo naronés con boa disposición, e que deixaban boas sensacións na primeira parte, pero derrubáronse na segunda.

O equipo do Val comezaba con alto ritmo e cunha gran fortaleza en defensa e medio campo pero coa idea clara do xogo directo cara os seus xogadores de ataque, sen dúbida os máis determinantes. Tarea difícil a que tiña Óscar, coma unha illa entre tanta estatura e poderío físico, pero unha vez máis tiña a intelixencia de non disputar a carreira cos defendores, e roubarlles a carteira ao mínimo despiste. Asi foi e o Numancia poñíase por diante facendo unha gran primeira media hora, de fábula. Pero pouco dura a alegría na casa do pobre, e tras unha serie de erros arbitrais, O Val establecía o empate no marcador e quitábase un peso de enriba. A partires de ese instante o Numancia seguía pelexando pero a sorte comezaba a trocar cara os locais, que se poñian por diante despois dun mal despexe da defensa visitante. Subiría o terceiro logo dun gol á saída dun córner  e o cuarto na derradeira xogada da primeira metade, desafortunada, pero deixando boa imaxe.

As gañas por facer algo no partido quedaban no vestiario á volta do tempo de lecer e as consignas do adestrador non entraron nas cabezas dos nosos, por desgraza. Mala segunda parte do equipo aresá que asistía coma un espectador máis ao recital de goles do Val que metía todo balón que tocaba na área rival e que recollía periódicamente o balón das mallas defendidas por Emilio, sen fortuna nestes 40 minutos.

Hai que virse arriba, e pelexar estes 3 puntos que veñen na derradeira xornada contra o outro colíder da competición, o Narón, e deixar unha vitoria na casa nesta copa. Sen dúbida os xogadores contarán co apoio incondicional da marea vermella. Vémonos o sábado 21 ás 12 da maña en Prados Vellos, aupa NUMAN!!!

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.