INFANTIS: AS PONTES, 5 – CARIÑO, 0.

A COPA AFACO MARCHOU PARA A VILA MINEIRA

Partido correspondente a Final do Torneo AFACO de infantís disputado na tarde do sábado en Prados Vellos con numerosa asistencia de aficionados de ambos equipos.

 


Ares, 6 de xuño do 2015.

FICHA TECNICA

CD AS PONTES: Nesy, Alex, Antonio, Alejandro, Germán, Pani, Mateo, José María (C), Vicente, Dani, Jose. Tamén xogaron: Antón, Brais, Azoin, Xan e Andrea.

Adestrador: Marcos Roca Ledo.

2º adestrador: Antonio Pita Seco.

Delegado: José Franco Rivera.

CD CARIÑO: Iván, Pablo, Naranjo, David, Galcerán, Marcos, Martín, Raúl (C), Eric, Cristian, Adrián. Tamén xogaron: Bruno, David, Marco, Alejandro e Lucía.

Adestrador: Alejandro Docal Riola "Perlero".

Delegado de campo: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Martin Zakaryan. Amoestou a Alejandro no CD As Pontes.

GOLES:

1 - 0 (MATEO) Pase de Dani para Mateo quen conduce o balón e lanza un disparo dende fora da área que entra pegado ao pau dereito da portería de Iván (minuto 41).

2 - 0 (PANI) Pase en profundidade pontés que aproveita Pani para controlar co peito e finalizar en gol unha xogada individual (minuto 47).

3 - 0 (DANI) Tiro cruzado de Dani que supera a Iván (minuto 49).

4 - 0 (DANI) Dani rouba o balón a un defensa e pica o mesmo por enriba de Iván (minuto 50).

5 - 0 (DANI) Gran disparo de Dani dende fora da área que entra pegado a escuadra da portería de Iván (minuto 51).

 

 


 


CRÓNICA:

Prados Vellos albergou unha final da Copa AFACO infantil que estivo marcada polo vento e na que o As Pontes conseguiu proclamarse campión grazas a un gran inicio da segunda metade.

Na primeira parte, o Cariño xogaba co vento a favor e frecuentaba sen moito perigo a portería de Andrés. Os ponteses liderados por Dani conseguían saír en rápidos contraataques de cando en vez. Mateo para o As Pontes tiña duas claras ocasións, nunha delas enviaba lixeiramente alto o balón e na outra lanzaba unha falta que rexeitaba Iván. No Cariño o seu xogador mais determinante, Martín gozaba dunha internaba por banda esquerda na que enviaba lixeiramente fora. Xusto antes do descanso o pontés Dani enviaba unha vaselina lixeiramente fora. Co resultado de 0 - 0 chegabamos ao tempo de descanso.

Na segunda metade o As Pontes co vento a favor saiu de maneira frenética. No minuto 41 anotaba Mateo o 1 - 0. Poido empatar o Cariño pero Martín enviaba un balón lixeiramente alto. Non perdoou o As Pontes e no 47 era Pani o que conseguía o 2 - 0. Cun Cariño noqueado o gran xogador pontés Dani conseguía un hatrichk en apenas 3 minutos, anotando o 3 - 0, 4 - 0 e 5 - 0 entre os minuto 49, 50, e 51 sentenciando desa maneira o encontro. Pouco mais que contar ata o final. Sucesión de cambios en ambos conxuntos e algunha que outra oportunidade que non atopaba o gol, polo que o resultado final era de 5 - 0 para o CD As Pontes.

Rematado o partido, o directivo do Numancia e da AFACO, Xoan Vázquez entregaba ao capitán do CD Cariño Raúl o trofeo de subcampión e o directivo do CD As Pontes e presidente da AFACO, Jesús Fernández "Suso" facía entrega do trofeo de campión da Copa AFACO infantil 2014-2015 o capitán do CD As Pontes, Jose María.

Dende a SDR Numancia de Ares queremos felicitar aos dous finalistas e as suas aficcións polo espectáculo ofrecido en Prados Vellos e a o CD As Pontes por proclamarse campión da Copa AFACO infantil. Noraboa e grazas a tod@s.

No seguinte enlace podes ler a crónica publicada na web do CD As Pontes e ver algunhas fotos do partido

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.