INFANTIS. NUMANCIA, 4 – G. CARANZA “B”, 4.

EMILIO: O EQUIPO FIXO UNHA GRAN PRIMEIRA PARTE


Partido correspondente a 24ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos. O resultado no descanso era de 2 - 1 favorable ao Numancia.


Ares, 25 de abril de 2015.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Emilio (Jorge), Borja (Raúl), Jaime, Dani (C), Fran, Pablo Vascós, Mario (Manu), Saúl, Cristian, Martín e Iván.


Adestrador: Antonio González Varela.


Delegado: Jorge Martínez Varela.


G. CARANZA "B": Ángel, Víctor Roca (Xoan), Antón, Blas, Jaime, Paniagua (Álvaro), Ismael (Alejandro), Adrián, Víctor López (C) (Xabi), Brais e Paulo (Sergio)


Adestrador: Ángel Tenreiro Sanjuán.


Delegado: Francisco Insua Beade.


COLEXIADO: D. Manuel Bejarano Estepa. Amoestou a Álvaro no Galicia de Caranza "B".


GOLES:


1 - 0 (IVÁN) Balón solto que aproveita Iván despois dun córner para superar a Ángel (minuto 5).


1 - 1 (VÍCTOR LÓPEZ) Disparo alto de falta directa de Víctor López que supera a Emilio.


2 - 1 (PABLO VASCÓS) Mal despexe da defensa visitante que recolle Pablo Vascós para superar a Ángel (minuto 34).


2 - 2 (ADRÍAN) Tras varios rechaces, Adrián recolle o balón e supera a Jorge (minuto 57).


2 - 3 (XOAN) Penalti transformado por Xoan (minuto 52).


2 - 4 (ÁLVARO) Balón á espalda da defensa numantina que recolle Álvaro para anotar o cuarto.


2 - 3 (PABLO VÁSCOS) Falta sacada por Jaime que rebota nun defensor rival, o rexeite o recolle Pablo Vascós para anotar ante Ángel (minuto 61).


4 - 4 (PABLO VASCÓS) Saque de esquina lanzado maxistralmente por Martín e cabezazo certero de Pablo Vascós para conseguir o empate (minuto 80).


Fermoso partido baixo a choiva o que disputaron o Numancia e o Galicia de Caranza "B" de Xelo na tarde do sábado en Prados Vellos. Os numantinos volveron a sorprender a un dos equipos da zona alta da clasificación e semifinalista de Copa. O porteiro formado na canteira do Galicia de Caranza e un dos gardarredes esta temporada do Numancia infantil, Emilio Sánchez analiza este bo partido do Numancia:


COMENTARIOS DE EMILIO….

EMILIO porteiro infantil do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO: Foi o saque de esquina lanzado por Martín que rematou cun gran cabezazo de Pablo para establecer o 4 - 4 no marcador no último segundo do partido. Un gran gol e un premio xusto para o noso traballo durante todo o partido.


A CLAVE DO PARTIDO: O máis importante foi que o equipo nunca baixou os brazos. A pesar de ir 2 - 4 a falta de 20 minutos, no último tramo do partido o equipo seguiu creendo en sacar algo positivo, como así foi finalmente.


ACTUACIÓN DO EQUIPO: O equipo fixo unha gran primeira metade o que nos permitiu ir ao descanso con vitoria por 2 - 1. Na segunda metade comezamos mal e o Caranza conseguiu poñerse un 2 - 4- Por sorte un gran arreón final permitiunos acadar un empate ante un gran rival.


ACTUACIÓN DO RIVAL: O Galicia de Caranza "B" e un dos mellores equipos da categoría. Na Liga previsiblemente quedará clasificado entre os cinco primeiros e xogara as semifinais de Copa. Ten moito mérito que o Numancia conseguira dous empates na Liga ante un rival que combina xogadores técnicos e rápidos con outros de maior poderío físico como Víctor López ou Paniagua. Ademais e un equipo moi ben traballado tácticamente.


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.