INFANTIS. AS PONTES, 3 – NUMANCIA, 5.

CRISTIAN: O EQUIPO SEMPRE TIVO FE NA VITORIA

Partido correspondente a 23ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3, disputado do venres nas instalacións de O Poboado ante numerosos espectadores de ambos equipos. O resultado no tempo de descanso era de 2 - 3 favorable ao Numancia.


As Pontes, 17 de abril de 2015.

FICHA TÉCNICA:

CD AS PONTES: Juan, Antonio (Toni), Andrea, Jose, Alex, Azoin (Santi), Mateo, Xan (Xabier), Vicente (C), Antón (Brais) e Adega (Xoel)

Adestrador: Marco Roca Ledo.

2º Adestrador: Antonio Pita Seco.

Delegado: José Antonio Franco Rivera.

NUMANCIA: Emilio (Jorge), Cristian, Borja, Dani (C), Fran, Jaime, Mario, Iván, Naím (Manu), Martín e Adrián (Raúl).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Pablo Peña Díaz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (VICENTE) Balón á espalda da defensa numantina que recolle Vicente para superar a Emilio (minuto 1).

1 - 1 (MARIO) Falta colgada por Jaime que recolle Mario no punto de penalti para picar o balón ante a saída do porteiro (minuto 7).

1 - 2 (MARTÍN) Centro dende banda esquerda de Fran que rebota nun defensa. Martín moi atento aproveita o balón solto e supera ao gardarredes local (minuto 12).

2 - 2 (ANTÓN) Antón recolle un balón a saída dun córner e supera a Emilio de disparo axustado (minuto 20).

2 - 3 (MARTÍN) Mala cesión dun defensa pontés ao seu porteiro que intercepta Martín para anotar sen oposición (minuto 35).

2 - 4 (MARTÍN) Gol olímpico, Martín dende o córner dereito (minuto 65).

3 - 4 (MATEO) Internada por banda esquerda de Mateo que termina en gol cun forte disparo que supera a Jorge (minuto 66).

3 - 5 (IVÁN) Centro dende banda esquerda de Fran que recolle Iván no punto de penalti para realizar un disparo que supera ao gardarredes pontés (minuto 70).

Terceiro partido nesta semana para un Numancia infantil que despois de traballar sen premio ante os dous mellores equipos da categoría, Racing de Ferrol e Eume Deportivo atopou hoxe o premio da vitoria ante o otavo clasificado, o CD As Pontes nas instalacións de O Poboado nun partido emocionante e moi aberto. Esta vez o veloz xogador numantino Cristian Domínguez analiza o partido:

COMENTARIOS DE CRISTIAN……
CRISTIAN xogador infantil do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO: O gol olímpico de Martín foi sen dúbida a acción máis bonita do partido. Ademais foi o 2 - 4 que nos deu certa tranquilidade no partido nun momento no que o As Pontes estaba apretando.

A CLAVE: Penso que a clave foi que o Numancia non baixou os brazos e nos primeiros 10 minutos foi quen de remontar o gol de inicio do As Pontes. No resto do partido soubemos defender o resultado e respondimos de inmediato aos goles do As Pontes.

ACTUACIÓN PERSOAL: Creo que hoxe non estiven moi metido no partido como interior dereito nos primeiros minutos, pero despois fun mellorando e axudei ao equipo en defensa na posición de lateral dereito. Estou contento coa miña aportación no día de hoxe, aínda que tamén sei que podo facelo mellor.

O EQUIPO: O Numancia infantil tivo que adaptarse a xogar en herba natural, aínda que o campo estaba en moi boas condicións. Tiñamos baixas importantes no medio do campo e acumulábamos cansacio dos partidos desta semana. Quizais poir iso non estivemos tan intensos e acertados no trabalo defensivo, algo que contrarrestamos co traballo ofensivo anotando cinco goles.... que ben puideron ser mais.

O RIVAL: O As Pontes penso que tamén contaba con algunha baixa importante, pese a iso demostrou ser un equipo moi traballado e intenso e supoño que por iso xogará as semifinais de copa. Destacaría a Andrea Montero e Antón Paz.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.