Infantís: Numancia 3 - Galicia de Mugardos 0

S.D.R. Numancia de Ares. IV Trofeo Mara. Prado Vellos.  Categoría Infantil. NUmancia 3- Galicia de Mugardos 0O equipo infantil do Numancia proclamouse campión da IV edición do trofeo Mara ó derrotar por 3 a 0 ó conxunto do Galicia de Mugardos. O encontro disputouse na tarde do sábado 22 no campo de Prados Vellos en Ares.

 

Para disputar este encontro os de Mugardos se presentaron con sen cambios e con moitos rapaces de categoría alevín, non por elo o triunfo local foi doado xa que os mugardeses puxeron moitos atrancos e ata os 11 minutos do segundo tempo mantuveron a sua porta pechada.

Ás ordes do colexiado Fernando Caruncho Paz exerceron de capitánas: Alex polo Galicia de Mugardos e Verónica polo conxunto aresán. E os conxuntos presentaron as seguintes alineacións:

Galicia de Mugardos: Alex; Mario, Gabriel, Iago, Pedro; Alexis, Pablo, Josiño, Martín; Javi e Brais. 

Numancia de Ares (1ª Parte): Agustín; Miguelito, Verónica, Miguel, José Manuel; Ángel, Alberto, Andrés Novoa, Sergio; Alejandro e Juan Carlos. ( 2ª parte) Roberto; Andrés Saavedra, Verónica, Miguel, Darío; Iván, Alberto, Martín, Marcelo; Brais e Andrés Novoa.

O primeiro tempo resultou moi igualado inda que as ocasión maís calras foron para os locais nas botas de Sergio que tivo duas oportunidades moi claras nos minutos  29 e 32. Ó remate dos primeiros 40 ninutos se chegou con empate a cero.

Na segunda metade o dominio do Numancia foi maior pero non acababa de  meterializarse grazas á boa dispocisión do equipo de Mugardos e ás boas intervencións do seu portiero Alex, e boas accións defensivas do seu central Iago. No minuto 55 un forte disparo de Martín é rexeitado por Alex a corner. O saque de esquiña botado por Iván e rematado por Brais ó fondo da rede acadando o 1-0. Despois do gol os visitantes comenzaron a notar o cansanzo e o acoso local foi crecendo así tiveron tres ocasión moi claras Alberto no 63 cun disparo ó pau, Marcelo no 65 cun balón cruzado que saiu a rentes do pau dereito da meta mugardesa e un novo balón cruazo neste caso de Iván dende a banda dereita que saiu pegado ó pau esquerdo no minuto 71. Os problemas para os do Galicia medraron cando Alexis  caeu lesionado. Seguiu o acoso numantino,  e así,  á saída de outro corner Martín rematou e o balón chegou a Brais que novamente anotou establecendo o 2-0 no minuto 74. Xa con superioridad numérica, Alexis tivose que retirar, o Numancia acadaría o 3-0 definitivo no minuto 78 nun bo servicio de Andrés Novoa que Martín aproveita para batir dende o borde da área ó meta visitante.

Ó remate do encontro, entregaronse os trofeos de Subcampión e Campión  por parte do vicepresinde da S.D.R. Numancia de Ares, José M. Fernández Rodríguez, ós capitáns dos respectivos equipos.

Noraboa para os equipos, ós aresáns por lo triunfo acadado  e ós mugardeses porque a pesar das circuntancias adversas foron en todo momento un moi digno rival.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.