INFANTIS. NUMANCIA, 1 – AMISTADE MEIRAS, 2.

MARIO MARTINEZ, O EQUIPO XOGOU BASTANTE INTIMIDADO NA PRIMEIRA METADE.

Derrota do equipo infantil da ADR Numancia de Ares por un a dous fronte a Amistade Meirás de Valdoviño en partido celebrado na maña do sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a 17ª xornada da liga infantil no grupo 3 reflectía no descanso o mesmo marcador co que se chegou ao final.

 


Ares, 7 de marzo de 2015.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Jorge (Emilio), Borja, Raúl (Cristián), Jaime, Fran (Josema), Pablo, Naim, Mario, Adrián (Manu), Dani (C) e Martín.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Antonio Martínez Villar.

AMISTADE MEIRAS: Andrei, Alejandro Castro (Rubén), Daniel Robles, Raúl (C), Daniel Arozamena (Bruno), Diego, Alejandro Iorio, Lino (Pablo), Cristian (Juan), Jose y Borja.

Adestrador: Rubén Álvarez López.

Delegado: Santiago Caneiro.

ARBITRO: Agustín Eguren Prieto. Amosoulle tarxeta amarela o xogador local Naim.

GOLES:

0 - 1 (DANIEL Arozamena) Balón ás costas da defensa do Numancia que aproveita Daniel para superar a Jorge (minuto 4).

0 - 2 (RAÚL) Balón solto na área do Numancia que recolle Raúl para anotar o segundo do Amistade (minuto 7).

1 - 2 (PABLO) Saque de esquina lanzado maxistalmente por Dani que remata a gol Pablo Vascós cun certero cabezazo dende o punto de penalti (minuto 67).

Partido no que o Numancia tivo opcións ata ó final ante o 5º clasificado e un dos semifinalistas da competición de Copa, o Amistade Meirás. Esta semana é o centrocampista de primeiro ano, MARIO Martínez o que fai as valoracións do encontró….
MARIO Martínez centrocampista infantil do Numancia de Ares.
A MELLOR XOGADA: A mellor xogada do partido realizouna o equipo aresán, na que, Jaime desprazou o balón dende o medio do campo, ata Pablo, e éste mandou un pase en profundidade hacia Mario que continuou coa pelota e deulle un pase a Martín, que colgou un gran centro que ninguén puido alcanzar.

A CLAVE DO PARTIDO: A clave do partido foi a mala defensa do equipo aresán e as oportunidades que lle deu ao Amistade Meirás. Na defensa, o único salvado do Numancia foi Jaime.

ACTUACIÓN DO EQUIPO: O equipo xogou bastante intimidado na primeira metade pero na segunda parte, a nova alineación que planteou o entrenador permitiu ao equipo ser moito máis ofensivo.

ACTUACIÓN INDIVIDUAL: A miña actuación non foi moi acertada na primeira parte pero na segunda, despertei e realicei moitas carreiras e regates ás veces non moi acertados pero bós para o equipo.

O RIVAL: O rival non era doutro mundo, pero tiñan o que había que ter e conseguiron o partido na primeira metade grazas a nosa “empanada”.

O próximo fin de semana o equipo infantil do Numancia disputará a 18ª xornada de liga nas instalacións de Sinde fronte a SD O Val.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.