INFANTÍS. MANIÑOS, 0 - NUMANCIA, 1

JOSEMA: "FOMOS MOI COMPLETOS E CREAMOS MOITAS OCASIÓNS"


Volveu á senda das vitorias o Numancia infantil ante o Cultural Maniños nun partido xogado no campo Municipal de Os Pinares debido ao mal estado do campo de fútbol de O Pote de Maniños.


Perlio, 1 de marzo de 2015.


Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3º, disputado na mañá do domingo no campo Municipal de Os Pinares de Perlío ante numerosos espectadores de ambos equipos.


FICHA TÉCNICA:


C. MANIÑOS: Adrián, Fran, Miguel (C), Yago (Victor), Héctor, Mateo, Pablo, Jesús (Alberto), Caio, Adri e Juan.


Adestrador: Fabio Lourido Menaya.


Delegado: Jorge Quintiá Castro.


NUMANCIA: Emilio, Naím (Josema), Jaime, Borja, Fran, Pablo Vascós, Mario (Manu), Dani (C), Iván, Martín e Adri (Raúl).


Adestrador: Jorge Martínez Varela.


Delegado: José Antonio Martínez Villar.


COLEXIADO: D. Jose Priegue Leis. Sen incidencias.


GOLES:


0 - 1 (MARTÍN): Xogada de ataque do Numancia na que Iván asiste a Martín para que este supere a Adrián de forte disparo (minuto 67).


Esta semana o xogador zurdo de segundo ano, Josema Loureiro fai as valoracións do partido:


COMENTARIOS DE JOSEMA:

JOSEMA defensa infantil do Numancia de Ares

1. A XOGADA DO PARTIDO: “A mellor xogada do partido foi a xogada do gol, gran pase e posterior trallazo de Martín á escuadra.


2. CLAVE: “A clave foi o seu porteiro, pois atallou a maioría dos nosos disparos. Puido ser un resultado mais amplo. Podemos salientar o gran labor dos nosos centrais.”


3. ACTUACON PERSOAL: “Non estou satisfeito, pero ha que contar que veño dunha lesión, polo tanto non puiden dar todo o que quixera.”


4. O EQUIPO: “Fomos moi completos, presentamos moi ben o partido, xeramos ocasións e aguantamos ben a presión do Maniños.”


5. O RIVAL: “Tiñan 3 puntos claves, o seu central Héctor, o número 5, que era moi alto e dominaba o xogo aéreo; o seu capitán, Miguel, un gran xogador, distribuidor de xogo;e, por último, o número 7, Pablo, que tivo oportunidades ben freadas pola defensa e polo noso meta Emilio.”


A próxima xornada o Numancia recibirá en Prados Vellos ao quinto clasificado, o Amistade Meirás.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.