INFANTÍS. NARÓN, 2 - NUMANCIA, 0

 MARTÍN: “TIVEMOS VARIAS OCASIÓNS CLARAS ANTE O META RIVAL”

Máis que aceptable partido dos rapaces aresáns ante un rival con máis pegada.
 
 
 
 
Narón, 6 de febreiro de 2015
 
Partido correspondente á 13ª xornada da Primeira Autonómica Infantil - Pizza Movil, disputado na tarde do venres no campo de O Cadaval de Piñeiros ante numerosos espectadores de ambos equipos.

FICHA TÉCNICA:

NARÓN: Cachaza (Nico), Iago (Brais), Ian (Pablo), Sergio, Javi (C), Adri, Aarón, Dani (Iker), Daniel, Marcos e Yoel.

Adestrador: Juan Manuel Pérez Trinidad.

Delegado: Javier Paz Naveiras.

NUMANCIA: Jorge (Emilio), Borja, Jaime, Dani, Raúl (Fran), Pablo (C), Mario, Iván, Cristian, Martín e Naím (Manu)

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Diego Bouza Pena. Amoestou a Fran no Numancia.

GOLES:

1 - 0 (MARCOS) Pase ás costas da defensa numantina que aproveita o máximo goleador da categoría, Marcos para bater a Jorge.

2 - 0 (IKER) Centro raso dende a banda esquerda naronesa que remata Iker no segundo pau (minuto 68).

CRÓNICA:

Bo traballo e gran imaxe pese á derrota do Numancia infantil ante un dos equipos que ocupa postos de fase de ascenso, o Narón Balompé Piñeiros. Esta semana é o hábil extremo esquerdo do equipo, Martín Saavedra o que nos fai as valoracións do partido.

COMENTARIOS DE MARTÍN:
MARTÍN Saavedra, xogador infantíl do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO:  “Non houbo boas xogadas. Nós xogabamos ao contragolpe e tivemos varias ocasións moi claras de parte de Cristian que quedou varias veces só contra o porteiro mais non logrou definir ben. O Narón xogaba para o seu número 19 "Marcos,  que era o que se ía de todos pero case non logrou crear problemas porque a defensa estaba atenta.” 

CLAVE: “A maior pegada do Narón. Estiveron máis acertados á hora de finalizar as xogadas que nós.”

ACTUACIÓN PERSOAL: “Penso que podía xogar mellor aínda así non o fixen mal. Nalgunhas xogadas púxenme un pouco nervioso. É algo que teño que mellorar. Fixen mellores partidos.”

O EQUIPO: “En xeral xogamos un bo partido, na miña opinión xogamos mellor na primeira parte. A defensa xogou un bo partido facendo que non pasase o 19, só pasou una vez da defensa e na xogada na que pasou meteu o gol. O medio campo tamén xogou moi ben recuperando bastantes balóns que acabaron en boas xogadas. E a dianteira tamén xogou ben acabando xogadas de perigo para o rival.”

O RIVAL: “Do equipo rival destacaría a Marcos (o número 19) que era moi áxil regateando e tiña un forte disparo que nos facía verdadeiro perigo . Xuntos facían bo equipo.”


Na vindeira fin de semana, o Numancia infantil comezará a segunda volta da Liga visitando as instalacións de A Gándara en Ferrol para medirse ao SRD Ánimas.
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.