INFANTIS. AMISTADE MEIRAS, 4 - NUMANCIA, 0.

UN PARTIDO MOI DIFERENTE

Partido correspondente a 4ª xornada da Liga Infantil grupo 3ª disputado no campo municipal de Atios de Valdoviño na tarde - noite do venres ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Valdoviño 21 de novembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

E.F.B AMISTADE MEIRÁS: Andrei, Cristian (Borja), Alex, Dani, Raúl (C), Juan, Bruno (Lino), Daniel (Rubén), Diego (Jonathan), Alejandro e Jose (Cristian).

Adestrador: Rubén Álvarez López.

Delegado: Santiago Caneiro.

NUMANCIA: Jorge (Rubén), Jaime, Borja, Pablo (C), Raúl (Naím), Dani, Mario (Adrián), Martín, Cristian, Fran e Manu (Iván).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Adrián Benito Cancio Valcarce. Excelente arbitraxe. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (RÁUL) Córner que saca en curto o equipo local anotando Raúl cun disparo dende a esquina da área (minuto 50).

2 - 0 (DANIEL) Gol olímpico de Daniel (minuto 53).

3 - 0 (RAÚL) Centro dende banda dereita rematado por Raúl na área de meta numantina (minuto 65).

4 - 0 (BORJA (PP) Disparo de media distancia dos locais que é desviado polo numantino Borja (minuto 74).

CRÓNICA:Infantís: Amistade Meirás - Numancia (21/11/2014)

Na tarde - noite de venres afrontaban o Numancia infantil un dos desprazamentos mais compricados da temporada. Xogaba con escasa luz artificial no pequeno e irregular campo de Atios en Valdoviño un partido dos de antes ante o Amistade Meirás, equipo que xogará as semifinais de Copa da categoría.

Na primeira metade o Numancia estivo a altura das circunstancias. Os xogadores aresáns sairon concentrados e moi concienciados de como había que xogar nun campo así. Como non podía ser doutra maneira o fútbol directo e as segundas xogadas foron as protagonistas do partido. Neste primeiro tempo as chegadas as porterías repartíronse entre os dous equipos, sendo a ocasión mais clara para os numantinos cun disparo de Cristian que marchou alto antes do descanso. Chegabamos polo tanto ao intermedio cun 0 - 0 xusto despois do bo traballo do Numancia.

Na reanudación vimos a peor cara dos numantinos. Nos primeiros 10 minutos da segunda metade os locais romperon o partido. Dous saques de esquina malditos onde os de Ares despistábanse sendo castigados cun 2 - 0 en contra no minuto 55. Sendo difícil a remontada o noso equipo intentou reaccionar pero o 3 - 0 do Amistade no minuto 65 sentenciaba o partido. Houbo tempo nos minutos do lixo para un autogol de Borja que deixaba o resultado nun excesivo 4 - 0 para o visto no pequeno terreo de xogo de Atios.

En definitiva demasiado castigo para unha serie de error de concentración do Numancia neste partido. Haberá que quedarse co bo traballo e seriedade da primeira metade e correxir os erros puntuais que están a custar puntos en xogo. Tempo polo tanto para seguir aprendendo e mellorando ante os mellores conxuntos da categoría.

O próximo sábado pola mañá o Numancia recibirá en Prados Vellos a un equipo tamén situado na zona media da clasificación como é a SD O Val de Narón. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.