INFANTIS. NUMANCIA, 6 - EUME "B", 0.

ENTRE OS MELLORES DA CATEGORÍA

Partido correspondente a antepenúltima xornada da Copa Infantil grupo A, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numeroso público.

 


Ares 10 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Emilio (Rubén), Jorge (Cristian), Jaime, Borja (Adrián), Raúl (Fran), Pablo Vascós, Dani (C), Saúl, Mario, Martín e Iván

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: José Antonio Martínez Villar.

EUME DEPORTIVO "B": Diego (Carlos), Adrián (C), Dani (Aarón), Pablo, Antón, Adri, David (Ian), Mateo, Miguel (Samuel), Borja e Jose.

Delegado: Alberto Fernández Leira.

COLEXIADO: D. Borja Gundín Barreiro. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: MARIO (min. 4), centro de Iván dende banda esquerda que remata Mario no segundo pau.

2 - 0: DANI (min. 38), libre directo que colga Iván ao segundo pau e que remata Dani segundo lle cae o balón.

3 - 0: SAUL (min 62), falta pegada á liña de fondo que saca Saúl sobre Iván, éste abre cara ao pico da área sobre Saúl quen dispara superando o porteiro por arriba.

4 - 0: MARTIN (min. 64), córner en curto que toca Saúl sobre Mario, éste corre co balón pegado a liña de fondo, ao alcanzar o lateral da área centra e remate de cabeza de Martín ao fondo da rede.

5 - 0: IVAN (min. 67), disparo afastado de Saúl que rexeita o porteiro, o rexeitamento aprovéitao Iván para empurrar o balón ao fondo da portaría.

6 - 0: IVAN (min. 79), balón en longo de Dani sobre Iván que entra pola dereita, alcanza o pico da área e pica o balón por enriba do porteiro ante a saída deste.

 



CRÓNICA:

O cólider de grupo o Numancia recibiá en Prados Vellos ao colista do grupo o Eume Deportivo "B" e os pronósticos cumpríronse a favor dos locais.

Na primeira metade foi mellor o Numancia que tivo maior posesión de balón e ocasións claras que se atoparon en moitas ocasións cun acertado gardarredes visitante Diego. Os goles de Mario e de Dani establecían o 2 - 0 no marcador cando chegabamos ao tempo de descanso.

Na reanudación dominio total dos numantinos que acosaron e derrubaron a portería dun acertado gardarredes eumés Carlos que desbaratou moitas das ocasións do Numancia. Os goles de Saúl, Martín e de Iván por partida doble colocaban o definitivo 6 - 0 favorable ao Numancia no marcador de Prados Vellos.

En definitiva, partido cómodo para os numantinos que fixeron un bo xogo e venceron con holgura pese a non estar moi acertados de cara á portería adversaria.

Con este resultado o Numancia clasifícase matemáticamente para a Liga Infantil grupo 3, onde estarán os 13 mellores clasificados dos grupos copeiros e na que os dous primeiros clasificados xogarán a fase de ascenso. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

A vindeira fin de semana o Numancia infantil xogarán un partido moi esixente é decisivo. Galicia de Caranza "B" e Numancia, ambos colíderes du grupo A con 16 puntos disputarán o liderato du grupo na penúltima xornada. O primeiro clasificado dos tres grupos da Copa Infantil así como o mellor segundo clasificado xogarán as semifinais de Copa. Na última xornada do grupo "A" o Numancia recibirá ao SRD Ánimas que loita tamén por clasificarse.

Veñen agora dous partidos compricados e bonitos para un Numancia infantil que gañouse por méritos propios neste inicio de temporada o dereito a soñar.

¡¡¡Marea Vermella o próximo fin de semana en Caranza para animar aos infantís¡¡¡ Non faltedes.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

PICA AQUI pra ver os resultados da xornada e a clasificación xeral.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.