INFANTIS. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 2.
ESTOS NENOS PODEN CON TODO
Partido correspondiente a 5ª xornada da Copa Infantil grupo A disputado na tarde do venres no campo municipal de Gallamonde en Miño ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Miño 26 de setembro de 2014.
FICHA TÉCNICA:
AD MIÑO: Jorge (Roi), Juan (Dani), Sergio, Pedro, Samu, Cristian, David, Diego (Adrián), Infante, Manu (Adri) e Antón (Elías).
Delegado: Pablo Bernardo Castiñeira.
NUMANCIA: Rubén (Jorge), Jaime, Borja, Dani, Josema (Raúl), Pablo, Mario, Iván, Cristian, Martín e Adri (Manu).
Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Paulo González Martínez.
COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores. Sen incidencias.
GOLES:
AD Miño: Infante
Numancia: Martín (2)
Sen tempo casi para recuperarse do esforzo realizado o mércores na vitoria ante o Racing, os rapaces infantís do Numancia viaxaba ata Miño para xogar ante o equipo anfitrión nunha tarde soleada e calurosa.
Nos primeiros 20 minutos dominio total do Numancia que pechou aos locais na sua área e tivo un par de ocasións para adiantarse no marcador. Non poido ser e para colmo de males Sergio Infante nun contraataque anotaba o 1 - 0 no minuto 12. Con ese resultado chegábase ao descanso.
Na reanudación anotaba Martín xa no minuto 42 o 1 - 1 aproveitando un envío ás costas da defensa local. O partido entrou nunha fase de dominio alterno ata que de novo Martín empuxaba a gol un lanzamento de Cristian establecendo o 1 - 2 no marcador no minuto 65. Os últimos 15 minutos foron de acoso e derribo dos locais ante a portería de Jorge e de sufrimento físico e futbolístico para os nosos rapaces que con orgulo numantino aguantaron unh resultado moi valioso no campo de Miño.
En definitiva, vitoria moi sufrida en Miño que sirve para manter o liderato do grupo A da Copa. O único obxetivo será disfrutar dos 4 partidos que restan do grupo da Copa.... Pero por sorte, con dereito a soñar. Sin presión, como un premio que non agardabamos.
Agora o Numancia infantil comezará coa rutina de duas sesións semanais de adestramento os martes e os xoves. A vindeira semana tocará xornada de descanso sendo o seguinte partido o segundo fin de semana de outubro ante o Eume Deportivo "B" en Prados Vellos. Un descanso oportuno e merecido despois de xogar 4 xornadas de Copa no mes de setembro entre sábados e mércores e de axudar con algúns xogadores ao equipo de cadetes. ¡¡¡Enormes todos¡¡¡ ¡¡¡Son nenos¡¡¡
Desfrutade dunha bonita galería fotográfica do AD Miño - Numancia cortesía de Marta Seijas e Domingo García.
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.