INFANTIS. CARIÑO, 1 - NUMANCIA, 2.

CONQUISTANDO ORTEGAL

Partido correspondente a 3ª xornada da Copa Infantil grupo A, disputado no campo Municipal de Cariño na mañá do domingo ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Cariño 21 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

CD CARIÑO: Iván, Marcos (David Alves), David, Raúl, Eric, Cristian, Adrián, Iker (Lucía), Alex (Bruno), Pablo Naranjo (Bea) e Pablo Novo (Borja).

Delegado: Alejandro Docal Riola "Perlero".

NUMANCIA: Rubén, Pablo Cartelle, Jaime, Borja, Josema (Jorge), Pablo Vascós (C), Mario, Saúl, Cristian, Raúl e Adri (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Miguel Formoso Díaz. Óptima arbitraxe.

GOLES:

0-1 (SAÚL) Disparo de Saúl dende o pico da área que bate a Iván por alto (minuto 54).

1-1 ((RAÚL) Penalti anotado por Raúl (minuto 60).

1-2 (SAÚL) Forte disparo de Saúl dende a frontal da área que sorprende a Iván (minuto 64).

CRÓNICA:Infantís Cariño - Numancia. Municipal de Cariño (21/09/2014)

Despois de viaxar e vencer a pasada semana en Ortigueira, este domingo o Numancia infantil terminou a conquista de Ortegal madrugando e viaxando para vencer tamén no Municipal de Cariño.

Foi un partido moi aberto con ocasións nas dúas porterías. Na primeira metade os locales avisaban con ataques e xogadas a balón parado ben solventadas por Rubén coa axuda ás veces do travesaño. Por parte do Numancia levaban perigo Saúl cos seus potentes disparos e Cristian coas suas veloces internadas e desmarques que nunca atopaban o premio do gol. Co resultado de 0 - 0 chegabamos ao descanso.

Na segunda metade o Numancia que por unhas ou outras circunstancias soamente dispuxo de 13 xogadores neste desprazamento tivo que realizar as duas substitucións dispoñibles dando entrada ao gardarredes Jorge como lateral dereito, e a Manu. Lonxe de acusar esos cambios os numantinos fóronse arriba e no minuto 54 chegaba o 0 - 1 por medio de Saúl. No minuto 60 un inocente penalti cometido por Raúl era aproveitado polo CD Cariño para anotar o 1- 1. Pronto reaccionaba o Numancia e novamente Saúl no 64 establecía o 1 - 2. Tivo moitas ocasións de pechar o partido o Numancia pero Cristian, Saúl, Mario e Manu non estiveron atinados ante a meta adversaria. Nos últimos minutos sufrimento e resistencia ao acoso e derribo do conxunto local para defender unha vitoria que soubo a gloria polas circunstancias que rodearon ao partido. Sufrindo saben mellor.

En definitiva, gran vitoria dos numantinos en Cariño pese a contar con baixas de xogadores de último ano. A importancia do equipo e de todo o plantel viuse este domingo en Cariño onde todos aportaron o seu gran de area para conseguir unha vitoria que coloca ao Numancia como cólider do grupo A xunto ao Cultural Maniños. Dato anecdótico pero bonito.

Sen tempo para recuperar, este mércores chega a 4ª xornada de Liga. Visita Prados Vellos un dos equipos chamados a loitar por todo nesta temporada. O Racing de Ferrol "B" xogará ante o Numancia este mércores as 18:30 en Prados Vellos. Os nosos rapaces están preparados para compricarlle as cousas aos racinguistas e TÍ tes que acudir para animalos. ¡¡¡Vémonos en Prados Vellos o mércores as 18:30¡¡¡ Pasaremos lista.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.