INFANTIS: II TROFEO VILA DE ARES. NUMANCIA, 1 - G. MUGARDOS, 4.

O ENEMIGO NA CASA

Partido correspondiente a II edición do Trofeo Vila de Ares da categoría infantil, disputado na tarde do martes en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 09 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

Numancia: Fran , Martín Rodríguez, Borja, Migui, Josema, Dani (C), Mario, Cristian, Raúl, Martín Saavedra e Iván. Tamén xogaron: Jorge e Manu.

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

G. Mugardos: Brais, Mateo, Rafa, Adri, Álvaro, Dani, Jere, Pablo, Adrián, Raúl e Jonathan. Tamén xogaron: Brais Truñas, Diego, Alex, Fran e Marcos.

Adestrador: Carlos Ferrer "Puchi".

Delegado: José Ángel Fernández Rodríguez.

Colexiado: D. Daniel Pérez Ferro. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (MATEO) Balón que se lle escapa a Fran das mans e que aproveita Mateo para anotar a porta baleira (minuto 11).

1 - 1 (MARTÍN) Balón solto na área mugardesa que pelexa Iván. O rexeite e aproveitado por Martín para marcar de tiro cruzado (minuto 14).

1 – 2 (ÁLVARO) Centro dende a banda esquerda que remata Álvaro no segundo pau (minuto 34).

1 - 3 (ADRI) Disparo de Adri que bate a Jorge tras petar nos dous paus (minuto 75).

1 - 4 (BRAIS TRUÑAS) Balón solto que aproveita Brais Truñas para anotar diante de Jorge (minuto 79).

CRÓNICA DO PARTIDO:

Presentábase o Numancia infantil ante a sua afección con motivo do II Trofeo Vila de Ares. Faciao cun equipo de circunstancias con baixas de xogadores de segundo ano e algunha mais que obrigou a tirar de dous dos xogadores alevíns que fixeron a pretemporada co equipo infantil, Migui e Martín.

Comezou mellor o Mugardos que tivo varias aproximacións sobre a porta do Numancia. Cando reaccionaban os aresáns chegaba o 0 - 1 por medio de Mateo. Pero pouco durou a ledicia mugardesa xa que pronto chegaría o 1 - 1 por medio de Martín. A intensidade dos primeiros 15 minutos seguiu durante toda a primeira metade. Un partido bastante entretido con dominio territorial dos mugardeses pero con mais ocasións de perigo dos de Ares. No fútbol non se debe perdoar e antes de chegar ó descanso Álvaro facía o 1 - 2 nunha das poucas chegadas visitantes. Con este resultado chegabamos ao intermedio.

Na reanudación o Numancia tivo varias ocasións para conseguir o empate pero os xogadores numantinos non estiveron nada atinados ante a portería mugardesa. No minuto 73, Martín enviaba unha vaselina sobre o porteiro moi cerca da portería mugardesa pero cando o público xa cantaba ó gol a pelota saia fora. Na seguinte xogada Adri anotaba o 1 - 3 para os visitantes para sentenciar o partido. Nos minutos do lixo novo gol do Galicia por mediación de Brais Truñas, establecendo o 1 - 4 definitivo que acreditaba o Galicia de Mugardos como campión deste II Trofeo Vila de Ares en categoría infantil.

En resumo, bo partido dos numantinos a pesar das ausencias e do resultado. Os 11 xogadores infantís e os 2 xogadores alevíns que defenderon no día de hoxe o escudo do Numancia deron unha lección de compromiso, entrega e sacrifico pero faltoulles algo de sorte e de fondo de armario para conseguir un mellor resultado. Felicitar ao Galicia de Mugardos e desexarlle sorte para a temporada que comeza.

En canto ao Numancia, tocará correxir os erros propios destos partidos de pretemporada que conlevan goles encaixados para afrontar da mellor maneira posible o primeiro partido da competición de Copa que terá lugar no campo de San Claudio en Ortigueira o próximo sábado as 11:00 ante o equipo local. Agardemos tamén que se poidan recuperar efectivos, xa que esta temporada si as circunstancias e marexadas respetan aos xogadores infantís pode ser bonita, intensa e fructífera para o equipo infantil do Numancia. De momento o que toca e seguir traballando.

¡¡¡¡Vémonos o sábado en Ortigueira¡¡¡ Comeza o serio, comeza o bonito.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

A continuación desfrutade dunha galería de fotografías do partido por xentileza do xogador cadete do Numancia, Javi Lemos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.