INFANTIS. PRESENTACION.

Na tarde do luns 18 de agosto os compoñentes do novo equipo infantil do Numancia trocaban os bañadores e as toallas pola equipación de fútbol e os balóns para iniciar o traballo da nova temporada 2014 - 2015. Despois dunhas reconfortables palabras por parte da directiva tivo lugar a primeira sesión de adestramento.



Continua o veterán adestrador Toni coa axuda de Jorge no corpo técnico dos infantís e contarán durante esta temporada cos seguintes xogadores:

Da temporada anterior seguen no equipo: Fran Romaus, Cristian, Jaime, Josema, Pablo, Dani, Saúl, Martín, Iván e Manu.

Proceden do equipo alevín os seguintes xogadores: Rubén, Borja, Raúl, Mario, Adrián e Naím.

Volve o fútbol despois duns anos inactivo o gardarredes de segundo ano, Jorge.

Traballarán tamén na pretemporada co equipo de infantís os xogadores alevíns Miguel Oliveira, Pablo Cartelle e Martín Rodríguez.

Nesta primeira semana de pretemporada o Numancia infantil terá moito traballo. Sesións de adestramento o martes e xoves. Partido de adestramento o venres as 18:30 en Prados Vellos ante os cadetes do Numancia. Partido amigable en Neda o sábado as 11:00 ante o Rápido de Neda.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Equipo infantíl en Prados Vellos o día da presentación (18/08/2014)Equipo infantíl en Prados Vellos o día da presentación (18/08/2014)

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.