INFANTIS. NUMANCIA, 0 - R. FERROL "B", 3.

NENOS DE POUCA FE

Partido correspondiente a 19ª xornada da Liga Infantil grupo 4 disputado na tarde do mércores en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 30 de abril de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Javi (Diego), Antonio, Raúl, Carlos (Manu), Pablo (C), Dani, Saúl, Cristian (Josema), Fran Anido e Iván.

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

R. FERROL "B": Alex Regueira (Jorge), Miguel Leonardo (Iñaki), Carlos, Miguel Bacelo, Borja (C) (Alex Rodríguez), Pablo, Izan, Juan, Alex Saavedra e Alex Fonticoba (Raúl)

Delegado: Iván López López.

COLEXIADO: D. Adrián González Franco. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (JUAN) Centro dende banda esquerda que remata Juan na área pequena (minuto 13).

0 - 2 (ALEX FONTICOBA) Disparo dende media distancia de Alex Fonticoba que sorprende a Álvaro por alto (minuto 38).

0 - 3 (IZAN) Rexeite do porteiro Fran que aproveita Izan (minuto 75).

 



CRÓNICA:

Como no fútbol profesional, no fútbol base de Ferrolterra hai xornada entre semana. Os infantís do Numancia viñan de caer derrotados de forma severa o pasado sábado ante o líder o Portuarios. Casi sin tempo para recuperarse recibían en Prados Vellos a outro dos aspirantes o título o filial racinguista. Deron a cara pero faltoulles contundencia e ilusión.

Comezaban mellor os visitantes tendo o control do partido e as ocasións. No minuto 13 Juan faría o 0 - 1. Os numantinos co paso dos minutos foron crecendo e adiantando líneas, tendo Iván unha boa ocasión que foi respostada cunha magnífica parada do pequeno pero gran porteiro visitante. As ocasións sucedíanse nas duas porterías, o Racing chegaba polas bandas e o Numancia desaproveitaba chegadas claras e xogadas a balón parado. Pouco antes do descanso no minuto 38 Alex Fonticoba establecía o 0 - 2 que foi un mazazo insuperable para os numantinos. Co 0 - 2 coñecido chegabamos ó descanso.

Na segunda metade pouco que contar. O Numancia quería apretar e buscar ó empate pero non era capaz de roubar o balón en zonas de perigo. Os racinguistas dormían o partido ao seu antollo levando en ocasións perigo sobre a portería dun inspirado Fran Romaus. No minuto 75, Izan establecía o 0 - 3, resultado algo abultado para os meritos duns e doutros; aínda que hai que recoñecer que a vitoria racinguista foi clara e merecida; notándose as diferencias entre un Numancia formado íntegramente por rapaces de Ares e outro como o Racing "B" que é unha bonita selección comarcal.

En resumo, o Numancia mellorou a imaxe amosada no partido do fin de semana en Aneiros. En varias fases do encontro o Numancia conseguiu neutralizar os racinguistas e se non foi capaz de facer mais perigo ou ter mais ocasións foi pola falta de moral e de confianza dalgúns xogadores. A nivel colectivo o equipo fixo un bo traballo, pero falta ese paso adiante dalgúns.... Quizáis en maio.... florezcan as flores....

Sen moito tempo para recuperar, o Numancia afronta unha nova xornada de Liga. Esta vez será ante un dos equipos situados na zona baixa da clasifiación o Perlío. O venres as 19:00 no campo de Os Pinares os infantís numantinos intentarán sumar algún punto e dar unha boa imaxe para recuperar moral e boas sensacións. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.