INFANTIS. NUMANCIA, 0 - AS PONTES, 4.
¡¡¡ÁNIMO ALEX¡¡¡
Partido correspondente a 14ª xornada da Liga Infantil grupo 4º, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 22 de marzo de 2014.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Javi (Jaime), Antonio, Raúl, Marcos (Josema), Pablo, Dani (C), Saúl, Diego (Iván), Fran Anido e Martín (Cristian)
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Luís Feal Campos.
CD AS PONTES: Malena (Sergio Cal), Sergio Cazás, David, Sergio Fraga, Bruno, Germán (Alejandro), Dani, Jose Franco (Jose Adega), Mateo (Diego), Alberte (C) e Alex (Eloy)
Adestrador: Iván Rodríguez García.
Delegado: José Francisco Franco Meizoso.
COLEXIADO: D. Martín Zakaryan. Amoestou a Javi e Raúl no Numancia.
GOLES:
As Pontes: Alberte (3) e Dani.
CRÓNICA:
Recibía o Numancia o líder da categoría, o CD As Pontes que no partido de ida goleara de forma escandalosa os numantinos. Querían mellorar a imaxe os rapaces do Numancia e na mañá do sábado en Prados Vellos loitaron e competiron moi dignamente; mantendo a emoción no resultado ata os últimos 10 minutos do partido.
Na primeira metade o As Pontes tiña que buscar o fútbol directo débido a forte presión e colocación no campo do Numancia. Nas segundas xogadas e en balóns aéreos levaban perigo os visitantes. O Numancia tivo tamén as suas opción; sendo un disparo de Fran Anido dende o borde da área desviado de forma maxistral por Malena a ocasión mais clara dos numantinos na primeira metade. Co 0 - 0 inicial, emoción e as espadas en todo ó alto chegabamos o tempo de lecer.
Na reanudacion, saíron fortes os ponteses que anotaban dous goles nos minutos 48 e 55 por medio de Alberte poñendo o 0 - 2 no marcador. O Numancia non baixou os brazos e buscou a igualada. Foron varias as chegadas do Numancia, destacando unha falta lanzada por Fran Anido lixeiramente alta. Non houbo sorte e nos últimos 5 minutos de partido Dani e Alberte, este último de penalti, deixaban o marcador final no coñecido 0 - 4; algo excesivo visto os méritos de ambos equipos no día de hoxe en Prados Vellos.
En definitiva, gran imaxe do Numancia infantil ante o líder da competición. Gran esforzo e alta participación dos 16 xogadores convocados neste partido. Todos aportaron o seu gran de area neste compricado partido ante un equipo moi superior no aspecto físico.
Neste partido, os xogadores e corpo técnico do Numancia quixeron solidarizarse co seu compañeiro Alex Feal, que no adestramento do pasado xoves sufría unha rotura do cúbito do seu brazo dereito. ¡¡¡Moito ánimo Alex¡¡¡
O próximo sábado o Numancia infantil visitará o campo do Misael Prieto para xogar ante o Meirás CF, un rival o que conseguiron vencer na primeira volta. Agardemos que os rapaces sigan con esta entrega e sacrificio nos partidos; xa que si e así de seguro que pronto chegarán os premios.
¡¡¡Vémonos o próximo sábado en Meirás animando o Numancia¡¡¡
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡