INFANTIS. NARON, 5 - NUMANCIA, 1.

FALLO TÉCNICO NO DESPERTADOR

Partido correspondiente a 10ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado no campo de O Cadaval de Narón ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Narón, 22 de febreiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NARÓN: Pablo (Roberto), Luís, Brais, Sergio (Pablo), Rodrigo (Jose), Diego González (C) (Serafín), David, Raúl (Martín), Xabier, Diego Rodriguez e Bruno.

Adestrador: Carlos Rodríguez Díaz.

Delegado: Jacobo Lamas Couce.

NUMANCIA: Fran Romaus (Álvaro), Cristian, Antonio, Raúl, Pablo, Dani (C), Saúl (Josema), Fran Anido (Manu), Iván, Martín (Jaime) e Alex (Carlos)

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Cristian Santos González. Amoestou a Sergio e Serafín no Narón.

GOLES: Brais (2), David, Bruno e Rodrigo no Narón. Alex Feal por parte do Numancia.

CRÓNICA:

Tocaba madrugón para o Numancia infantil, xa que visitaba as instalacións de O Cadaval para medirse ante un bo equipo como o Narón as 10:00. Sairon durmidos os numantinos, xa que no minuto 6 xa perdían por 2 - 0. Os naroneses aproveitaban a falta de concentración e de intensidade do Numancia nos primeiros minutos de partido para anotar dous goles. No minuto 17, Alex Feal era obxeto dun penalti que él mesmo se encargaba de transformar para conseguir o 2 - 1. Cando parecía reaccionar o Numancia un penalti tan absurdo como riguroso cometido por Martín era anotado polo xogador local Bruno para facer o 3 - 1 no minuto 22. No minuto 31 o xogador do Narón, Rodrigo establecía o 4 - 1. Un resultado xusto para a boa primeira metade dos locais e a nefasta dos visitantes.Instante partido de infantis Narón - Numancia (O Cadaval, 22/02/2014)

Na segunda metade, con todo o pescado vendido mellorou bastante o xogo e a imaxe do Numancia. Pese a ter mais intensidade defensiva e mais posesión de balón que nos primeiros 40 minutos de partido; non poideron evitar o gol de Brais que establecía o resultado de 5 - 1 co que se chegaba o final de partido.

En definitiva, un partido no que o Numancia pagou e de que maneira a mala primeira metade. Contra equipos da calidade de Portuarios, Racing, Narón... non se pode sair durmidos e hai que estar sempre ó cen por cen. Hoxe en Narón os nosos xogadores no foron capaces de ofrecer a boa imaxe das últimas semanas e caeron derrotados con total merecemento ante un dos equipos que mellor trata o balón nesta categoría. Cando isto pasa, hai que felicitar ó rival e seguir traballando por semana para mellorar o nivel do equipo.

O próximo partido do Numancia infantil será o vindeiro fin de semana en Prados Vellos. Duelo de colistas entre Numancia e Miño. Por sorte estamos todos os participantes desta Liga entre os 12 mellores equipos da comarca. Non existe ó descenso pero sempre e bonito conseguir o premio dos tres puntos; tendo Numancia e Miño unha boa ocasión para conseguilo a vindeira semana. ¡¡Qué non falte o voso apoio¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.