INFANTIS. R. FERROL "B", 3 - NUMANCIA, 2.

MOI CERCA DA SORPRESA

Partido correspondente a 8ª xornada da Liga Infantil Grupo 4, disputado na mañá do sábado no campo de herba artificial das instalacións de A Gándara en Ferrol. Antes de iniciarse o encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio polo falecemento do avó do xogador infantil do Numancia, Pablo Vascós.

 



Ferrol, 8 de febreiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

RACING FERROL "B": Jorge (Sergio), Miguel (Yago), Alex Rodríguez, Manu, Marcos, Borja (C), Iván, Pablo García (Pablo Rubín), Marcos, Raúl (Pablo Herba) e Alex Saavedra.

Adestrador: Iván López López.

Delegado: Juan M. Guerrero Pérez.

NUMANCIA: Álvaro, Jaime, Antonio, Raúl, Cristian, Dani (C), Saúl, Fran Anido, Carlos (Adrián), Martín (Josema) e Alex (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (ALEX SAAVEDRA) Balón entre os dous centrales do Numancia que recolle Alex Saavedra para batir a Álvaro, (minuto 9).

2 - 0 (ALEX SAAVEDRA) Balón que coa axuda do vento sobrepasa a defensa numantina. Alex Saavedra moi atento recolle o esférico e anota o segundo, (minuto 11).

3 - 0 (ALEX SAAVEDRA) Novo envío a espalda dos defensas do Numancia. De novo Alex Saavedra aproveita as facilidades e marca o terceiro,  (minuto 25).

3 - 1 (FRAN ANIDO) Xogada individual de Fran Anido que termina cun potente disparo dende o borde da área que sorprende o gardameta local, (minuto 29).

3 - 2 (JAIME) Balón rexeitado pola defensa local que recolle Jaime. Dende 30 metros lanza un misil que entra pola escuadra da portería racinguista, (minuto 39).

O sábado as 10:00 da mañá cando Ruth daba os seus últimos coletazos na nosa comarca, Racing "B" e Numancia saltaban o terreo de xogo de A Gándara para disputar un novo partido de categoría infantil. Era un partido compricado para os numantinos xa que visitaban o intratable líder da competición. Os rapaces do Numancia fixeron un bo traballo e a piques estiveron de puntuar en Ferrol.Instante partido R. Ferrol-Numancia (08/02/2014)

A primeira media hora de partido foi moi cruel co Numancia. O dominio e a posesión do esférico era para o Racing; cun Numancia ben colocado e traballando no aspecto defensivo. Soamente a falta de concentración e de seriedade da línea defensiva impediu un resultado mellor ó descanso. O xogador aresán do Racing, Alex Saavedra aproveitou os agasallos dos seus antigos compañeiros para establecer cun hattrick o 3 - 0 nos primeiros 30 minutos de xogo. Nos últimos 10 minutos da primeira metade reaccionaron os numantinos cos goles de Fran Anido e Jaime que establecían o 3 - 2. Coas espadas en todo ó alto chegabamos ó intermedio.

Na segunda parte, tiña de novo mais posesión o Racing; aínda que non chegaba con moito perigo sobre a portería defendida por un sobrio e seguro Álvaro. A falta de 8 minutos para o final unha forte sarabiada fixo que o partido se parara durante 5 minutos. Ese parón pareceu sentarlle mellor ó Numancia. Nos últimos minutos, Fran Anido recibía unha magnífica asistencia de Saúl pero no seu disparo atopábase co porteiro do Racing. Foi unha mágoa xa que ahí estaba o empate; pero cando menos o Numancia terminou o partido metendo o medo no corpo o Racing de Ferrol; líder da categoría. Con esas sensación e o resultado coñecido de 3 - 2 finalizaba o partido.

En resumo, boa imaxe do Numancia infantil na casa do líder; tendo oportunidade de sumar ata ó final. Foi unha mágoa os desaxustes da primeira metade; ante equipos da calidade do Racing non se poden facer este tipo de concesións. No positivo, destacar unha vez mais a loita dos 14 xogadores desprazados na mañá do sábado ata Ferrol. Un exemplo de entrega e sacrificio; e tamén de compromiso por parte dos familiares nun día totalmente desapacible para a práctica e o disfrute do fútbol. Grazas a tod@s.

En definitiva, toca seguir na boa línea dos últimos partidos, nos que se plantou cara a dous dos grandes favoritos o título de Liga; Portuarios e Racing de Ferrol. Competindo contra os mellores equipos da comarca e como se mellora; quizais non se disfrute nin se ganen tantos partidos; pero nunha categoría de formación como esta iso e realmente pouco importante.

O vindeiro sábado as 11:00 en Prados Vellos o Numancia recibe a un rival dos da sua Liga, o CCRD Perlío. Sen dúbida unha boa ocasión para seguir mellorando e para intentar sumar algo positivo neste novo compromiso ligueiro. Non faltedes o próximo sábado as 11:00 en Prados Vellos a vosa cita cun equipo infantil do Numancia que intenta seguir medrando. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.