INFANTIS. NUMANCIA. 0 - PORTUARIOS, 2.

HAI QUE ROELOS

Partido correspondiente a 7ª xornada da Liga Infantíl grupo 4, disputado na mañá de sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares 1 de febreiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

Numancia: Álvaro, Cristian, Antonio, Raúl, Diego (Marcos), Dani (C), Pablo (Javi), Saúl, Iván (Josema), Martín (Jaime) e Alex.

 

Adestrador: Antonio González Varela.

2º adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

Portuarios: Alex, Xabi, Adrián, Marcos, Cándido, Pablo (C), Antonio, Jorge Cabo (Jorge Larrañaga), Gonzalo, Fernando (David) e Manu.

Adestrador: Juan M. Bastida Tizón

Delegado: Alejandro Chao Dopico.

Colexiado: D. Juan Jesús Espiñeira Vara. Amoestou a Alex no Numancia e a Marcos por parte do Portuarios.

GOLES:

0 - 1 (GONZALO) Xogada individual de Gonzalo por banda esquerda que termina en gol (minuto 49).

0 - 2 (DAVID) Balón solto dentro da área numantina que remata a gol David (minuto 60).

CRÓNICA:

Recibía o Numancia a un dos equipos situados nas primeiras posicións da clasificación e chamado a loitar por quedar campión, o Portuarios. Os numantinos sabedores da dificultade do partido vaciaronse no campo e foron un moi digno rival para o equipo de Ferrol Vello.

Na primeira metade o vento favorecía o Numancia. Os de Ferrol co vento en contra dominaban o partido; tendo algunhas ocasións de gol ben solventadas por Álvaro. O Numancia defendía con moita orde, presionaba no mediocampo e cando tiña a ocasión de sair o contraataque o facía con criteiro e certo perigo. Co resultado de 0 - 0 chegabamos o tempo de descanso.

Na segunda metade era o Portuarios o que xogaba a favor de vento. Ese factor e tamén a clara superioridade física dos de Ferrol Vello (equipo de último ano) foi determinante no partido. Co paso dos minutos o dominio visitante foi mais claro, chegando nos minutos 49 e 60 o 0 - 1 e 0 - 2 respectivamente. Non baixou os brazos o Numancia, pese a quedarse con 10 xogadores despois da lesión do gardamenta Álvaro a 15 minutos do final. Foi o xogador de campo Antonio o que ocupou a portería nos últimos minutos do partido. Nese último tramo de partido, gran exemplo de loita, compromiso e superación do Numancia mantendo un resultado mais que digno ante un dos equipos mais potentes da categoría infantil. Co resultado de 0 - 2 chegabamos o final do partido.

En resumo, gran partido de fútbol infantil onde por fin os nenos foron os únicos protagonistas. O Portuarios amosou porque é un dos equipos chamados a loitar polo título; un conxunto moi físico e con moita calidade individual en varios dos seus xogadores.

En definitiva; o Numancia amosou que xogando e loitando como no día de hoxe será un rival moi duro de roer para calqueira equipo da categoría. Os nenos xogan cada semana contra bos xogadores e bos equipos. Isto failles crecer no traballo físico e no aspecto táctico. A iso hai que sumarlle a calidade técnica dalgúns xogadores de primeiro ano que van crecendo co paso das xornadas. Esta é a línea a seguir para obter premios mais reconfortables nas seguintes xornadas.

Dente estas líneas, en nome de toda a familia do equipo infantil do Numancia, mandar unha forte aperta o noso gardameta Álvaro que no partido de hoxe sufriu un golpe na cabeza do que se recupera de forma satisfactoria. ¡¡¡Ánimo, león¡¡¡

O próximo sábado pola mañá o Numancia de Ares visitará o campo de A Gándara para medirse o líder da categoría; o potente Racing de Ferrol "B". ¿Saltará a sorpresa? Cando menos..... agardaremos volver de Ferrol coas boas sensacións do día de hoxe.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.