INFANTIS. NUMANCIA, 2 - R. SAN PEDRO, 4.

O FÚTBOL É O MENOS IMPORTANTE

Partido correspondente a 6ª xornada da Liga Infantil Grupo 4º, disputado na mañá de sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

Ares 25 de xaneiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Jaime (Iván), Antonio, Raúl, Javi (Martín), Dani (C), Pablo (Manu), Saúl (Carlos), Cristian, Fran Anido e Alex Feal.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

R. SAN PEDRO: Sergio (Xabi), Andrés, Miguel, Javi, Thales, Iván, Isaac, Pablo (Carlos), Douglas (Iker), Javier e Gilmar.

Delegado: José Corral Rubín.

COLEXIADO: D. Diego Bouza Pena. Amoestou a Saúl no Numancia. José Corral (delegado), Douglas, Javi, Iván, Isaac e Javier recibiron cartón amarelo por parte Racing San Pedro.

GOLES:

1 - 0 (ALEX FEAL) Envío por alto á espalda dos centrais do Racing San Pedro que recolle Alex Feal para batir ó porteiro visitante na sua saída (minuto 11).

1 - 1 (JAVIER) Javier de penalti (minuto 55).

1 - 2 (DOUGLAS) Forte disparo dende fóra da área que rexeita Álvaro. O rexeite do porteiro numantino e recollido por Douglas para facer o 1 – 2 (minuto 58).

1 - 3 (PABLO) Balón solto na área do Numancia que aproveita Pablo para facer o 1 – 3 (minuto 61).

1 - 4 (JAVIER) Xogada persoal de Javier que termina en gol (minuto 75).

2 - 4 (IVÁN) Bonito gol de Iván de falta directa (minuto 78).

CRÓNICA:

Dous equipos de nivel parello medíanse nunha mañá de orballo en Prados Vellos. Agardabamos un partido intenso, emocionante é disputado. As previsións cumpríronse; Numancia e Racing San Pedro ofreceron un bo espectáculo; cada un coas suas armas.Instante do partido Numancia - R. San Pedro (25/01/2014)

Nos primeiros 10 minutos o dominio foi dos visitantes. No primeiro minuto o potente dianteiro visitante Douglas tería ocasión de facer o primeiro para o Racing San Pedro pero atopuse cun Álvaro moi atento. Co paso dos minutos o Numancia foise sacudindo a presión dos ferroláns. No minuto 11 chegaba o gol de Alex Feal que aproveitaba moi ben a súa velocidade para facer o 1 - 0. Este gol deulle alas ós numantinos. Fran Anido, Pablo Vascós e Dani tiverón ocasións para ampliar vantaxe antes do descanso pero non houbo sorte. Co resultado de 1 - 0 e as espadas en todo ó alto chegabaos ó descanso.

Nos 10 primeiros minutos da segunda metade continuou o dominio do Numancia. Pero no minuto 55 chegaba un riguroso penalti faborable o Racing San Pedro que anotaba Javier establecendo o 1 - 1. Despois do empate chegou unha páxara numantina de 20 minutos; acompañada por bo xogo e boas accións ofensivas dos visitantes. Douglas facía o 1 - 2 e Pablo o 1 - 3 en apenas cinco minutos. Mención especial para a celebración do 1 - 2. Nesa celebración o dianteiro Douglas do Racing San Pedro rompía un dos banderíns de córners de Prados Vellos dunha patada. Este xogador xa estaba amoestado previamente; pero entre os xogadores, delegados e pais do Racing San Pedro volveron tolo e enganaron o novel colexiado indicándolle que o que golpeara o banderín fora o xogador número 4; quen finalmente viu o cartón amarelo; sendo curiosamente Douglas sustituido no mesmo momento para evitar a sua expulsión. Toda unha lección de deportividade no fútbol base. Co partido tolo e con bastante tensión chegaría o 1 - 4 por parte de Javier e o 2 - 4 cun bonito golazo de Iván. Co resultado coñecido de 2 - 4 chegabamos por sorte o final do partido.

Resumindo ó fútbol, primeira parte boa do Numancia onde deixaron escapar vivo o Racing San Pedro. Na segunda metade os visitantes non perdonaron e foron capaces con coraxe e fútbol de remontar ó partido e levarse a vitoria para Ferrol. Non foi o mellor partido do Numancia nin tampouco o peor. Hai claros signos de melloría no equipo. Pero tamén sabemos que é un equipo moi xoven; que debe aprender a competir e a xogar o "outro fútbol" en partidos como os de hoxe. Tempo ó tempo.

Para pechar esta crónica gustaríame recordar algunhas cousas que pasaron nos últimos dous partidos do Numancia infantil en Prados Vellos; ante o Meirás fai 15 días e no día de hoxe ante o Racing San Pedro. Hai 15 días todos escoitabamos como varios aficcionados (pais e nais) insultaban e amenazaban gravemente ó colexiado. No día de hoxe comprobamos como algún xogador rompía un banderín de córner dunha patada ou ben pagaba o seu enfado tras ser sustituido coa porta do vestiario. Non é a nosa intención nin a nosa función xuzgar o comportamiento de nadie. Cada un educa e goberna na súa casa como cree oportuno. O que si que podemos e pedir unha reflexión a todos e facernos algunhas preguntas:

¿Qué educación deportiva están tendo ós nenos?

¿Preferimos bo comportamento ou vitorias?

¿A que ímos ó fútbol? ¿Diversión ou desesperación?

Agardemos que todo o mundo encontre as solucións correctas a este xogo de sentido común. Tedes toda a semana para conseguilo.

A vindeira fin de semana volve o fútbol infantil; cos rapaces como únicos protagonistas. No caso do Numancia será novamente en Prados Vellos o sábado a partir das 11:00 recibindo a visita do potente Portuarios.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.