INFANTIS. G. CARANZA "B", 3 - NUMANCIA, 1.

BOA IMAXE EN CARANZA

Partido correspondente a 5ª xornada de liga infantil no seu grupo 4º, disputado na maña do sábado nas instalacións municipais de Caranza que rematou con vitoria do conxunto local. O descanso o resultado era de empate a un.

 


Caranza 18 de xaneiro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

G. CARANZA "B": Ángel, Bruno (C), Miguel, Mateo, Balado, Jesús, Brais (Ángel), Diego (Roberto), Álvaro (Eric), Víctor (Marcos) e Aaron.

Adestrador: Pedro J. Garrote Fernández.

Delegado: Álvaro Dopico Martínez.

NUMANCIA: Álvaro, Cristian, Antonio, Raúl, Javi (Marcos), Pablo Vascós (Adrián), Dani (C), Saúl, Iván (Carlos), Martín (Jaime) e Alex Feal (Josema).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Javier García Puente. Amoestou a Alex Feal por parte do Numancia.

GOLES: Álvaro (14´), Eric (67´) e Marcos (78´) no Galicia de Caranza. Alex Feal (34´) no Numancia.

 



CRÓNICA:

Visitaba o Numancia o campión do seu grupo copeiro e un dos flamantes finalistas de Copa como o Galicia de Caranza "B". No partido da previa o Numancia fora duramente goleado polos de Caranza en Prados Vellos; pero na fría e mollada mañá de hoxe en Caranza as cousas foron bastantes diferentes.

Comezaba mandando ó Numancia tendo catro claras chegadas nos primeiros 10 minutos; cun remate o pau de Raúl como ocasión mais destacada. Ante os bos equipos, non se pode perdonar. No minuto 14, Álvaro conseguía o 1 - 0 para o Caranza. Non baixaban os brazos os numantinos e seguiron ben colocados e facendo un bo traballo no Municipal de Caranza. Como premio a ese bo traballo chegaba o 1 - 1 obra de Alex Feal no minuto 34 aproveitando unha xogada de contraataque. Co resultado de 1 - 1 e con moi bo sabor de boca da parroquia numantina chegabamos ó descanso.

Na segunda metade os dous adestradores moveron os banquillos. Os cambios sentaron mellor os locais que chegaban con perigo sobre a portería de Álvaro; gardameta do Numancia que hoxe tivo unha gran actuación. Os numantinos loitaban con forza ante o acoso dos locais. Por desgraza, no minuto 67, Eric conseguía o 2 - 1 e no minuto 78´, Marcos establecía o definitivo 3 - 1 para pechar o partido.

En definitiva, gran imaxe do Numancia infantil que segue a loitar semana a semana contra os mellores equipos da categoría. Hoxe gran participación dos 16 xogadores; 15 xogadores de campo é 1 porteiro que tiveron moitos minutos de aprendizaxe, rodaxe e de diversión ante un dos mellores equipos da categoría. Non hai que esquecer que cando menos no Numancia esos son os pilares básicos da sua filosofía; participación, compromiso, aprendizaxe e diversión. Non estamos interesados noutras guerras mais esixentes.

En resumo, nova inxección de moral para un equipo infantil que observa nestos partidos que o bo traballo semanal pode ter premio nos partidos da fin de semana. Non queda outra que seguir traballando para rendir a gran nivel nos seguintes compromisos.

Hoxe debutou no Numancia infantil un novo xogador; Carlos Jimenez; sendo 20 xogadores os que forman a plantilla do Numancia infantil e os que participaron nalgún partido durante a temporada. Benvido a familia do Numancia, Carlos.

O vindeiro partido do Numancia infantil será o próximo fin de semana en Prados Vellos ante o Racing San Pedro. Un encontro no que o Numancia buscará premio en forma de puntos. Para iso necesitarán o fiel apoio da Marea Vermella. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.