INFANTÍS. MEIRAS, 0 - NUMANCIA, 1.

OS DE ARES SORPRENDEN O LIDER NO SEU FEUDO.

Partido correspondente á quinta xornada de copa local infantil disputado no campo de herba natural Misael Prieto entre Meirás e Numancia que rematou con vitoria dos aresáns. Ao descaso o marcador era de empate a ceros.


Meirás, 5 de outubro de 2013

ALIÑACIONS

MEIRAS: Borja, Roberto, Saulo, Carlos (C), Álvaro, Sergio, Yetur, Óscar, Pedro, Adrián e Fran (Alejandro).

Adestrador: Manuel Luaces López.

Delegado: José V. Sedes Vilar.

NUMANCIA: Fran Romaus (Álvaro), Jaime, Javi (Manuel), Marcos (Raúl), Fran Anido (C), Pablo (Cristian), Antonio, Dani, Alex (Josema), Iván e Martín.

Delegado: Luís Feal Campos.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Amoestou a Yetur, Álvaro e Manuel (adestrador) do Meirás, e a Alex do Numancia.

GOLES: Iván (min. 80).

 

 



Preciosa tarde no Misael Prieto, nun césped natural en impecables condicións, chegaban os aresáns coa moral un tanto tocada, por mor de anteriores resultados, pero según iba avanzando o partido, cunha defensa moi ben colocada, e un mediocampo moi combativo, que lanzaba continuos ataques pola banda de Martín e sobre todo por medio de Iván, empezaron a ter os aresans continuas ocasións, que desbarata sempre o porteiro local, moi adiantado todo o partido, estando sempre coma un defensa mais, os de Ares empezaron a creer nas súas posibilidades.

Ainda así, o gol non chegaba, si ben e certo que os locais non fixeron máis que unha ocasión en todo o partido, un pouco antes do descanso. O Numancia con algún tiro o longueiro, faltas o borde da área, que non entraban, tiros rasos que pasaban cerca do poste, fóras de xogo o límite, houbo que esperar a que faltasen dous minutos para que Iván lograse o tanto da merecida vitoria.

Eso e o de menos, os goles xa chegarán, o importante e que o equipo se sacudeu de complexos, fixo un gran despliegue físico, chegando a balóns que noutros partidos se dan por perdidos, disputando balóns divididos sin temor, a diferencia de outras ocasións, etc. En definitiva parabens e que como onte, o mellor dos contrarios sexa sempre o seu porteiro."

Dende a dirección da web damos as grazas a Javi Varela por achegarnos o seu comentario e as fotos do partido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.