INFANTIS. Pretemporada PERLIO, 6 - NUMANCIA, 0.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2013-2014. Pelio 6 - Numancia 0. Os Pinares 06/09/13.UNHA MALA TARDE EN FENE

Partido de adestramento disputado na tarde do venres no campo municipal de Os Pinares en Perlío.

 


Perlío 6 de setembro de 2013.

NUMANCIA: Iván, Antonio, Javi, Raúl, Marcos, Pablo Vascós, Anido, Saúl, Cristian, Martín e Alex Feal. Tamén xogaron: Manu e Mario.

Adestrador: Antonio Gonzaléz "Toni".

Delegado: Jorge Martínez.

Presentouse o Numancia infantil con 13 xogadores, un deles alevín e un xogador de porteiro para realizar un partido de adestramento co Perlío. Nos primeiros minutos do mesmo parecía que o Numancia quería o balón e mesmo tivo boas chegadas e ocasións de gol na portería fenesa. Pero no minuto 20 a raíz do primeiro gol dos de Fene o Numancia perdeu o sitio no campo, volveuse impreciso e impotente ante a forza defensiva e a velocidade defensiva dos locais; que aproveitaban os balóns a espalda da defensa numantina para levar perigo e conseguir os seus goles.

Na segunda metade repetíase a historia, saian os numantinos con ganas e dominando nos primeiros 10 minutos; pero novamente os goles dos locais facían que os de Ares baixaran os brazos e non ofreceran todo o que levan dentro neste partido de adestramento.

En resumo, un severo correctivo en pretemporada por parte do Perlío. A semana pasada podíamos ver a mellor cara do Numancia infantil cando goleaba o Galicia de Mugardos no Trofeo Concello de Ares. Este venres tocou a outra cara; circunstancias aparte toca erguerse a tempo e volver a boa senda de traballo. Nin antes eran tan bos; nin agora son tan malos. Simplemente son... rapaces vestidos de futbolistas en plena etapa de aprendizaxe técnica, táctica e psicolóxica.

Na vindeira semana o Numancia infantil traballará duro o luns, martes e xoves de 18:20 a 20:00 en Prados Vellos co gallo de seguir mellorando e de preparar o primeiro partido de Copa que se disputará o martes 17, ou mércores 18 en Prados Vellos ante o Galicia de Caranza "B"; correspondente a 2ª  xornada da Copa Delegación de Ferrol (na 1ª xornada o Numancia descansa¡¡¡. Toca polo tanto, seguir traballando xa que moi pronto comeza o serio.

¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.