INFANTÍS. I TROFEO VILA DE ARES, NUMANCIA, 5 - G. MUGARDOS, 1.

Numancia de Ares ADR. Infantis 2013-2014. I Trofeo Vila de Ares. Numancia, 5 - G. Mugardos, 1. Prados Vellos 30/08/13.MOI BOA DOSE DE MORAL

Partido de pretemporada correspondente o Trofeo Vila de Ares en categoría infantil disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante moitos espectadores de ambos equipos.


Ares 30 de agosto de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Romaus, Javi, Dani, Raúl, Marcos, Pablo Vascós, Antonio, Anido, Diego, Martín, Alex Feal. Tamén xogaron: Manu, Saúl e Iván.

G. MUGARDOS: Diego, Iván, Jeremías, Brais, Jonathan, Mauro, Adrián, Raúl, Miguel, Borja. Tamén xogaron: Brais, Xiao, Alba, Álvaro, Albita, Dani e Alejandro.

COLEXIADO: Álvaro González Grimaldos. Expulsou a Iván do Galicia de Mugardos.

GOLES:

1 – 0: Javi de penalti (minuto 2).

1 – 1: Borja de disparo lonxano bate por alto a Romaus (minuto 35)

2 – 1: Iván avanza pola dereita, cede a Saúl e pase maxistral deste último a Martín que bate o porteiro na sua saída (minuto 69).

3 – 1: Saúl bate o porteiro mugardés cun bo disparo dende a frontal do área (minuto 75)

4 – 1: Antonio de penalti (minuto 77).

5 – 1: Novo pase maxistral de Saúl para Martín e boa definición de éste último (minuto 79).

Bo partido entre dous equipos que se volverán a ver as caras no campo de A Pedreira alá polo mes de outubro na competicion de Copa. Era un partido de pretemporada pero para os rapaces non era un partido calqueira. Un derbi é un derbi, o ambiente e habendo tamén un trofeo polo medio fixo que o partido tivera a emoción, intensidade e tensión propio dun partido de competición.

Nos primeiros minutos saiu dominando o Numancia e no minuto 2 un xogador mugardés cortaba coa man un centro de Diego sobre Alex Feal. Penalti aproveitado por Javi para anotar o 1 - 0. O primeiro tempo non tivo un dominador claro en canto a posesión do esférico; aínda que os aresáns levaron bastante mais perigo sobre a portería visitante nun tiro o pao de Antonio e nunha xogada na que Saúl non foi quen de rematar. Pero xa se sabe que no fútbol o que perdoa pode pagalo caro. E cando mellor estaba o Numancia chegaba o 1 - 1 dos mugardeses tras un bo disparo dende a frontal do área. Con ese resultado chegábase ó descanso.

Na segunda metade cambiou o conto e os numantinos foron claramente superiores os mugardeses. Foron moitas as ocasións claras de gol que fallou o equipo aresán para desesperación da parroquia numantina. Aínda por enriba algún balón longo dos mugardeses levaba o medo a portería do Numancia. Pero no minuto 60 o xogador do Galicia de Mugardos Iván autoexpulsábase tras falar co árbitro e deixaba o seu equipo en inferioridade. Este detalle foi ben aproveitado polo Numancia para retomar o seu asedio sobre a portería mugardesa e anotar 4 goles mais para deixar o resultado final de 5 - 1 favorable os de Ares.

Finalizado o partido o Concelleiro de Deportes de Ares, D. Jose Juán Vilar facía entrega dos trofeos de subcampión o Galicia de Mugardos e de campión o Numancia de Ares co gallo do trofeo Vila de Ares.

En resumo, partido serio do Numancia, con bo traballo e onde poidemos ver a calidade que algúns dos xogadores mais novos do equipo atesoran cando se sinten cómodos e liberan as súas tensións. Esta mezcla de calidade, forza e traballo é a que ten que levar a este equipo de rapaces a seguir progresando

A próxima oportunidade para seguir aprendendo e progresando será no último amigable da pretemporada o próximo veres 6 de setembro as 18:00 no campo de Os Pinares ante o equipo anfitrión, o CCRD Perlío. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.