INFANTIS. CAMPUS PROVINCIAL F-8 VALDOVIÑO 2013
A Escola de Fútbol do Amistade Meirás en colaboración co Concello de Valdoviño organizan un campus provincial de fútbol -8 para as categorías de base. O campus disputarase no campo de Atios (Valdoviño) do 22 ao 30 de xuño.
O Numancia de Ares participa neste campus na categoría de infantís. Os partidos a disputar polo conxunto aresano na fase previa terán lugar o xoves 27, en horario de tarde, e o sábado 29, en horario de mañá.
Para ver toda a información relacionada co torneo PICA AQUÍ.