INFANTÍS:NUMANCIA, 0 - ÁS PONTES, 2.

S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Infantil. Temporada 2008-2009. Numancia de Ares, 0 - As Pontes, 2. Prados Vellos. Ares O infortunio cebouse cos aresáns.

Venres, 1 de maio de 2009.

Ramón.


Xornada 33, categoría de infantís

NUMANCIA, 0 - ÁS PONTES, 2.


Alineacións:

NUMANCIA: Pepe, Darío, Miguel (Andrés, 9), Miguelito, Roque, Xaime, Javier, Juan (Alejandro, 11), Ricardo, Edu, David.

ÁS PONTES: Manuel, Diego, David, Marcos, Esteban, Álvaro (Alberto, 68), Alejandro, Alberto, Diego, David, (Diego, 75), Luís (Diego, 75).

ARBITRO: Juan J. Pita Fragoso.


COMENTARIO:

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia 0 - As Pontes 2. Prados Vellos. Ares
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia 0 - As Pontes 2. Prados Vellos. Ares
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia 0 - As Pontes 2. Prados Vellos. Ares
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia 0 - As Pontes 2. Prados Vellos. Ares
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia 0 - As Pontes 2. Prados Vellos. Ares

O encontro entre aresans e ponteses poñiase interesante dende os minutos iniciais. Un disparo ao longueiro de Edu no minuto 5 ao saque dunha falta, e a resposta dos ponteses no minuto 9, por medio de Diego que estrela outro balón no longueiro, poñía as espadas en todo o alto.

Pero o que prometía ser un bonito encontro veuse ao traste coas lesións de Miguel e Juan nos primeiros minutos de xogo, obrigando a recompoñer todo o equipo, o que diezmou as posibilidades dos aresáns que ás primeiras de cambio esgotaron todolos trocos.

Coa reestructuración perdeuse a referencia en ataque e pouco a pouco os locais foron repregándose o que propicio que os ataques dos ponteses sobre a meta local intensificaransen, creando continuas ocasións de perigo, que só a falta de acerto dos seus dianteiros impedirían que subisen ao marcador. Os aresáns que prácticamente renunciaran ao ataque só conseguiron intimidar a meta visitante a balón parado, por medio de tres libres directos executados por Edu que saíron por enriba do longueiro. Aínda cos ponteses envorcados sobre a área aresana, e éstes á defensiva, logrouse chegar ao descanso con empate a cero.

Nada máis comezar a segunda metade, minuto 43, chegaría o primeiro gol do encontro, contraataque dos ponteses, pase en profundidade ás costas dos defensas sobre Luís, que se interna na área e bate de tiro cruzado a Pepe.

Toda a segunda metade sería un calco da primeira, agravado polo cansazo e o vento en contra dos aresáns. Os locais agazapados á defensiva, só levarían en escasas ocasións o perigo á meta visitante, con balóns longos sobre Edu e Ricardo e ao bote dalgún saque dende o curruncho. Pola contra os ponteses máis frescos e co vento a favor envorcáronse na área numantina onde o asedio foi constante. Pero a seguridade da defensa aresán, algunhas intervencións de Pepe e o desacerto dos dianteiros impedirían, afortunadamente, que materializasen as ocasións.

No minuto 64, un desafortunado rexeitamento de Pepe fóra da área golpea sobre David e o balón cólase na portería aresana para facer subir o definitivo 0 - 2 ao marcador.

Para agravar máis a situación dos locais, no minuto 70, lesión de Xaime que ten que retirarse o que obriga a os numantinos a afrontar os últimos dez minutos con dez xogadores por falla de trocos.

A teor dos comentarios podería deducirse que os aresáns xogaron un mal partido, pero nada máis lonxe da realidade. Os numantinos a pesares de todalas adversidades souberon sobrepoñerse á situación plantándolle cara ao encontro e xogaron un bo partido polo que merecen ser felicitados. Destacar as actuacións de Edu, Xaime, Roque, Miguelito, David e Darío.

Dar ánimos aos lesionados, tanto aos do encontro coma aos que están na enfermaría, para que teñan unha pronta recuperación e os poidamos ver de novo na próxima xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.