INFANTÍS. NUMANCIA, 5 - CEDEIRA, 0.

SEN DUBIDA O MELLOR PARTIDO DOS ARESÁNS

Partido correspondente á vixésima xornada de liga que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local, 1 - 0.


 

Prados Vellos, 4 de maio de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Alexis, Dani, Marcos (Javi), Piñeiro, Pablo Vascos (Enol), Anido, Adri, Alex (Diego), Adrián (Luís) e Pablo Ferro (C).

Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

CEDEIRA: Pablo Espiñeira, Andrés (Sergio), Pablo Grandal, Aaron, Iván, Álvaro, Daniel Montero, Daniel Freire, Moncho, Constantin (Manuel) e Miguel (C).

Delegado: Gonzalo López Rodríguez.

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz. Amoestou a Daniel Freire do Cedeira.

GOLES:

1 – 0: Anido (min. 15) – Balón colgado ao borde da área que toca Adri de cabeza e Anido moi atento, bate ao porteiro visitante cun gran disparo axustado á cepa o pau.

2 – 0: Adri (min. 45) – Córner botado por Anido e gran remate de cabeza do xogador aresán dentro da área pequena.

3 – 0: Luís (min. 57) – Penalti marcado por Luís por mans dun xogador visitante.

4 – 0: Pablo Ferro (min. 68) – Centro de Adri por banda dereita á área do Cedeira e mala saída do seu porteiro que aproveita Pablo para marcar a pracer sen ningunha oposición.

5 – 0: Piñeiro (min. 77) – Centro por banda esquerda e gran disparo de Piñeiro dende o borde da área.

 



COMENTARIO:

Partido dominado durante os 80 minutos polo Numancia. O Cedeira saíu con moitas precaucións defensivas, pero os aresáns co paso dos minutos, empezaron a chegar con moito perigo, dispoñendo de claros contragolpes, ata que no min. 15, conseguiron adiantarse no marcador. Os visitantes a raíz do gol, presionaron un pouco máis, ainda que os aresáns non pasaron por case ningún perigo, chegándose ao descanso, cunha máis que merecida vitoria local, 1 - 0.

Na segunda parte, os aresáns saíron en tromba e xa moi cedo comezaron a ter claras ocasións de gol. No minuto 42, Alex tivo un man a man contra o porteiro cedéires, pero o seu disparo foise fora. No minuto 45, Adri nun espléndido remate de cabeza conseguía incrementar o marcador, 2 - 0. O Cedeira non reaccionaba. O Numancia non pasaba por moitos apuros e só con disparos lonxanos conseguían inquietar a Fernando. No minuto 54, Alex a porta valeira, non puido marcar cun disparo que foise por enriba do longueiro. No minuto 57, nun contragolpe local, un defensa visitante corta coa man, un disparo de Pablo, sinalando o arbitro, penalti, que transforma Luís. O Cedeira viuse desbordado ante o xogo directo dos aresáns, que incrementaron o marcador nos minutos 68 e 77, chegándose ao final, cun claro, 5 - 0.
En resumo, partidazo, cun resultado que di as claras o xogo dos aresáns. Na seguinte fin de semana, rematamos a liga, viaxando ao campo do Eume.

Noraboa rapaces.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.