INFANTÍS. NARON, 2 - NUMANCIA, 1.
A PESAR DA DERROTA, BO PARTIDO DO NUMANCIA
Partido correspondente á vixésima xornada de liga que finalizou coa vitoria do Narón. Ao descanso chegouse cun empate 1 - 1.
O Cadaval, 1 de maio de 2013
ALIÑACIONS:
NARON: Raul (Pablo Piñón), Luís, Iago, Brais (Rodrigo), Pablo (Ramón), Sergio, Juan, Xabier, Óscar (C), David e Imanol.
Adestrador: Francisco Javier Ricoy Lamas.
Delegado: Carlos Castro Piñón.
NUMANCIA: Fernando, Fran (Javi), Raul, Marcos (Gabri), Piñeiro, Anido (Adrián García), Adrián Aneiros, Enol (Alexis), Alex (Diego), Luís e Pablo (C).
Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Adrián González Franco. Sen incidencias.
GOLES:
1 – 0: Imanol (min. 11) – Fallo defensivo que o dianteiro local non perdoa, marcando cun disparo por enriba de Fernando.
1 – 1: Pablo (min. 29) – Gran pase de Piñeiro ás costas da defensa local que recolle Pablo e marca nun man a man contra o porteiro na súa saída.
2 – 1: Óscar (min. 65) – Xogada por banda esquerda, disparo dun xogador local dende o pico da área, parada de Fernando, pero o rexeite vai a parar a Óscar, quen marca a pracer sen ningunha oposición.
COMENTARIO:
Partido que comezou con bo ritmo e no que ningún dos equipos foi quen de levar a iniciativa do xogo. O Narón tiña o balón pero os aresáns defendíanse con moito orde e non pasaban por moitos apuros. No min. 3, falta lanzada por Luís, á cruceta. E no min. 11, nun erro defensivo, o equipo local, marcaba o seu primeiro gol. O Numancia reaccionou e empatou no minuto 29. Antes do descanso, o Narón dispuxo dalgunhas ocasións, pero o marcador non se moveu, e chegouse ao descanso cun xusto empate.
Na segunda parte, os aresáns saíron con outra mentalidade e comezaron a ter o dominio do xogo. Froito dese dominio, empezamos a ter claras ocasións de gol, pero hoxe, os rapaces non tiveron o seu día. No min. 16, Pablo tivo un man á man contra o porteiro, e o seu disparo sacouno un defensa local na liña de gol. En dous córners case consecutivos, tivemos outras dúas claras ocasións. E o que soe pasar, si perdoas o acabas pagando, e así foi. No minuto 65, na única ocasión que tivo o Narón na segunda parte, marcaron o segundo e definitivo gol. A raíz do gol, o Numancia tentou conseguir o empate, pero non puido ser. Lástima da falta de acerto dos nosos xogadores.
En resumo, partido moi intenso e igualado cun resultado final que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo. Pero goles son amores. Os aresáns fixeron un gran partido, con boa actitude e intensidade, pero, necesitamos estar máis acertados cara á gol.