INFANTÍS: MANIÑOS, 3 - NUMANCIA, 0.

TRES ERROS DEFENSIVOS DECIDIRON O PARTIDO

Partido correspondente á décimo oitava xornada de liga que finalizou coa vitoria do Maniños. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 – 0.


O Pote, 20 de abril de 2013

ALIÑACIONS:

MANIÑOS: Andrés Pena (C), Borja, Jesús, Agustín, Daniel, David (Mario), Adrián Barreiro, Alberto, Geoffrey, Diego (Andrés López) e Raúl.

Delegado: Carlos Cotón Castromil.

NUMANCIA: Fernando, Alexis, Marcos (Javi), Antonio, Adrián Aneiros, Raúl, Enol (Diego), Anido, Alex (A. Garcia), Luís e Pablo (C).

Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Adrián González Franco. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: Borja (min. 12) – Centro por banda esquerda á área pequena, mal despexe de Alexis, e o balón lle queda morto ao xogador do Maniños que marca sen oposición.

2 – 0: Geoffrey (min. 37) – Saque rápido de banda do Maniños, que colle á defensa durmindo e Geoffrey marca cun disparo que bate a Fernando por arriba.

3 – 0: Geoffrey (min. 51) – Alexis ao despexar o balón ten a mala sorte de que pega na perna do dianteiro local e bate a Fernando na súa saída.

COMENTARIO:

Primeira metade con dominio local do xogo e grazas a dos regalos da defensa aresana permitiu ao Maniños xogar moi cómodo e non pasou por moitos apuros. O Numancia so tivo una clara ocasión de gol, no minuto 20, Anido cun gran disparo, non puido bater ao porteiro local. Aos aresáns faltoulles intensidade defensiva e de non ser por Fernando o marcador sería moito mais favorable para os locais. Ao descanso, vitoria do Maniños, 2 – 0 .

Na segunda metade o dominio do xogo foi mais igualado e o Numancia tivo mais posesión de balón pero non conseguía crear moito perigo. O Maniños  nesta metade estivo mais atascado, pero no minuto 51, nunha xogada de mala sorte para os aresáns, fixo que os locais marcasen o que xa sería o resultado definitivo, 3 – 0 . Os visitantes seguiron loitando ata o final pero hoxe non tiñan o seu día.

En resumo, resultado xusto, ante un Maniños que aproveitouse dos regalos da defensa numantina.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.