INFANTÍS: MANIÑOS, 3 - NUMANCIA, 0.
TRES ERROS DEFENSIVOS DECIDIRON O PARTIDO
Partido correspondente á décimo oitava xornada de liga que finalizou coa vitoria do Maniños. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 – 0.
O Pote, 20 de abril de 2013
ALIÑACIONS:
MANIÑOS: Andrés Pena (C), Borja, Jesús, Agustín, Daniel, David (Mario), Adrián Barreiro, Alberto, Geoffrey, Diego (Andrés López) e Raúl.
Delegado: Carlos Cotón Castromil.
NUMANCIA: Fernando, Alexis, Marcos (Javi), Antonio, Adrián Aneiros, Raúl, Enol (Diego), Anido, Alex (A. Garcia), Luís e Pablo (C).
Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Adrián González Franco. Sen incidencias.
GOLES:
1 – 0: Borja (min. 12) – Centro por banda esquerda á área pequena, mal despexe de Alexis, e o balón lle queda morto ao xogador do Maniños que marca sen oposición.
2 – 0: Geoffrey (min. 37) – Saque rápido de banda do Maniños, que colle á defensa durmindo e Geoffrey marca cun disparo que bate a Fernando por arriba.
3 – 0: Geoffrey (min. 51) – Alexis ao despexar o balón ten a mala sorte de que pega na perna do dianteiro local e bate a Fernando na súa saída.
COMENTARIO:
Primeira metade con dominio local do xogo e grazas a dos regalos da defensa aresana permitiu ao Maniños xogar moi cómodo e non pasou por moitos apuros. O Numancia so tivo una clara ocasión de gol, no minuto 20, Anido cun gran disparo, non puido bater ao porteiro local. Aos aresáns faltoulles intensidade defensiva e de non ser por Fernando o marcador sería moito mais favorable para os locais. Ao descanso, vitoria do Maniños, 2 – 0 .
Na segunda metade o dominio do xogo foi mais igualado e o Numancia tivo mais posesión de balón pero non conseguía crear moito perigo. O Maniños nesta metade estivo mais atascado, pero no minuto 51, nunha xogada de mala sorte para os aresáns, fixo que os locais marcasen o que xa sería o resultado definitivo, 3 – 0 . Os visitantes seguiron loitando ata o final pero hoxe non tiñan o seu día.
En resumo, resultado xusto, ante un Maniños que aproveitouse dos regalos da defensa numantina.